Antes de te poñer mans á obra, imos ver como vas nisto da arte da banda deseñada. A continuación, dispós de dúas actividades que che permitirán conectar co que xa sabes, que de seguro que é máis do que pensas.
Audio
Caldo de letras
2
Atopa as cinco palabras ocultas relacionadas co mundo da banda deseñada.
Colle o teu caderno, escolle unha destas tres opcións e conta a túa historia, reproducindo o día do teu nacemento. Faino en formato de banda deseñada, cos trazos que asocies a este tipo de composición. Na fase 3 terás a oportunidade de descubrir cales son os seus elementos característicos.
Como sería ese momento do teu nacemento?
Opción A: viñetas de libre creación
Crea unha ou máis viñetas sinxelas, de estilo libre. Podes decidir facelas debuxando á man ou dixitalmente, só perfilando ou coloreando, ou como ti prefiras. Trátase simplemente de representar esa situación. Quen estaba alí? Que dixeron no momento do teu nacemento?
Opción B: lánzate ao manga
Como de seguro sabes, o estilo manga é un dos máis populares cando falamos de cómics, cos seus característicos debuxos de ollos grandes, o seu dinamismo... Busca inspiración sobre a estética manga e atrévete a intentar representar o día do teu nacemento seguindo esa liña. Non tes curiosidade de verte dende esa óptica?
Opción C: tira cómica
O formato do cómic tamén é habitualmente empregado con fins humorísticos, case a modo de meme. Neste sentido, son moi populares as tiras cómicas como a que tes a continuación. Que che parece converter o día do teu nacemento nunha tira cómica?
Aquí tes unha a modo de exemplo, do máis que recoñecido debuxante Luís Davila, publicada no xornal do Faro de Vigo (premendo na imaxe, verala ampliada):
As viñetas poden ter formas moi diversas: rectangulares, cadradas, circulares, verticais..., e todas elas achegarán un significado á banda deseñada.
En xeral, as viñetas rectangulares e iguais crean un ritmo de narración monótono. Mentres que as que contan con formas irregulares expresan movemento e dinamismo.
Ademais, adoita haber un espazo baleiro entre elas.
Viñetas horizontais
Empréganse para amosar os escenarios onde se desenvolve a acción do cómic e acostuman transmitir calma e tranquilidade.
Fíxate, por exemplo, nas viñetas horizontais destas páxinas do cómic Presas fáciles. Voitres, de Miguelanxo Prado; que coñecerás con maior profundidade na páxina 3.1. (ao picar sobre a imaxe, podes vela ampliada)
Viñetas verticais
Achegan tensión, ritmo e misterio xa que ocultan parte da escena.
Presta atención agora ás viñetas verticais do mesmo cómic de Miguelanxo Prado (pica sobre a imaxe para vela ampliada):
Diario de aprendizaxe
De cantas cousas se lembra a túa cabeza?
Despois de realizar as anteriores actividades e de poñer a funcionar todos os coñecementos que estaban durmidos no teu cerebro, fai un pouco de memoria e reflexiona no teu diario de aprendizaxe sobre aqueles contidos que rescataches do seu sono profundo!