Saltar navegación

1.2. Quen move os fíos do caso?

 

Glosario

Cachola

pictograma dun cocho.

Definición:

Uso metafórico do substantivo cabeza.

Exemplo:

Ese home ten unha cachola moi grande.

Edición

pictograma que selecciona un libro de entre varios.

Definición:

      Conxunto de pasos que se realizan para preparar un produto antes da súa presentación final.

Exemplo:

A edición do libro tivo varios meses de traballo.

Esbozo

pictograma dun esbozo dunha casa.

Definición:

Representación simple e inicial dunha idea, texto, debuxo ou proxecto.

Exemplo:

A arquitecta antes de deseñar a casa fixo un esbozo dela.

3, 2, 1 pegada a pegada cara ao reto

Para acadar o reto, deberás superar diversas misións:

Misión 1:

pictograma que amosa varios libros de contos.Escolla do texto e adaptación.

Neste primeiro momento, ti e mais o teu equipo decidiredes cal será o texto sobre o que basearedes o voso cómic. Poderedes escoller entre:

  • Seleccionar un conto clásico (Carapuchiña vermella, Os tres porquiños...).
  • Elaborar unha historia propia orixinal.

Unha vez teñades o texto de base, crearedes o texto definitivo do voso cómic, tendo xa en conta as características básicas da banda deseñada.

Misión 2:

pictograma dun esbozo dun debuxo.Establecemento da estrutura e esbozo inicial.

Unha vez decididos o texto e o formato do cómic, estableceredes a súa estrutura. Decidiredes cantas viñetas terá, como se dividirá o texto nas viñetas etc. Feito isto, trazaredes un bosquexo previo, representando xa os personaxes (coa aparencia o máis semellante posible á que terán na versión definitiva), estruturando a historia en viñetas e introducindo o texto nos globos de diálogo.

Misión 3:

pictograma dunha folla na que aparecen varias opcións e un lapis para seleccionalas.Deseño global do cómic.

Agora chega o momento de tomar decisións sobre o deseño xeral da banda deseñada. Para isto consensuarás co teu equipo que tipo de cómic elaboraredes:

  • Terá cor ou será en branco e negro?
  • Deseñarédelo á man ou en formato dixital?
  • Seguirá o modelo manga?

Misión 4:

Creación da banda deseñada.pictograma dun cómic.

Agora si, mans á obra! Baseándovos no voso bosquexo, elaboraredes o deseño final. De seguro que vos queda unha banda deseñada ben xeitosa!

Misión 5:

Edición do “Como se fixo”.pictograma que amosa a icona de reprodución dun vídeo en liña.

Dende o inicio do proceso, gravaredes os diferentes pasos que vaiades dando ata chegar ao resultado final. Nese momento, montaredes un vídeo con ese material, para deixardes pegada de todo o traballo que hai detrás da vosa banda deseñada. Ademais, isto axudará a dar difusión á vosa creación.

Diario de aprendizaxe

icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgal.

Acende a túa cachola e ponte a reflexionar: 

  • Que tal escribes?
  • Que tal se che dá debuxar?
  • E gustaríache crear unha banda deseñada?

Escribe un breve texto no teu diario de aprendizaxe en que expliques cales cres que serán os pasos a seguir para acadar o reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)