Saltar navegación

5.2. Que tal se escoita?

Ti tamén avalías!

Agora que xa escoitastes os pódcasts do resto de equipos da clase, tócavos avalialos, demostrando a vosa experiencia neste tipo de producións. En equipo, valorade do 1 (perfectamente acadado) ao 3 (non acadado) cada un dos criterios da seguinte táboa:

Ti tamén avalías!
 123
Orixinalidade da solución das tarefas individuais que compoñen o pódcast.⭐⭐⭐ (2,5)⭐⭐ (1,75)(1,50)
O pódcast reflicte un bo traballo en equipo.⭐⭐⭐ (2,5)⭐⭐ (1,75)(1,50)
A exposición oral do pódcast é axeitada á solución que presentan.⭐⭐⭐ (2,5)⭐⭐ (1,75)(1,50)
O pódcast final amosa que superaron algunhas das dificultades atopadas.⭐⭐⭐ (2,5)⭐⭐ (1,75)(1,50)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Ti tamén avalías! (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Ti tamén te avalías!

Rúbrica individual - valoro a miña participación
 Foiche xenial porque...Custouche un pouco porque...Debes mellorar porque...
Na comprensión da creación do pódcast Entendiches todos os pasos para acadar o reto final e o seu propósito. (2.5)Entendiches todos os pasos para acadar o reto final, mais non o seu propósito. (1.5)Non entendiches os pasos do reto nin a súa finalidade. (1.25)
Na elaboración do guión do pódcastAchegaches ideas orixinais na elaboración do guión. (2.5)Achegaches algunha idea na elaboración do guión mais. (1.5)Non achegaches ideas para o guión. (1.25)
Nos pasos a seguir a gravación do pódcasticRealizaches ben as actividades individuais e colectivas propostas para acadares o reto. (2.5)Realizaches con bastantes erros as actividades individuais e colectivas propostas para acadares o reto. (1.5)Non realizaches a maior parte das actividades individuais e colectivas propostas para acadar o reto. (1.25)
No traballo en equipoParticipaches activamente no desenvolvemento do pódcast e colaboraches cos teus compañeiros/as en todo momento. (2.5)Participaches no desenvolvemento do pódcast e colaboraches cos teus compañeiros/as ás veces. (1.5)Participaches ás veces no desenvolvemento do cómic e apenas colaboraches cos teus compañeiros/as. (1.25)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica individual - valoro a miña participación (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgal

1, 2 ou 3?

Chega o momento de ver que fixeron o resto de grupos e de analizar as súas solucións para conseguir o reto. Despois de que cada grupo expoña, publique ou presente o seu produto final e explique como foi o seu proceso e valora o traballo feito, do 1 ao 3. Colle o teu diario de aprendizaxe e a reflexionar!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)