Imos aos poucos
Chegou o momento de ir montando pouquiño a pouco o voso pódcast. Imos comezar polo principio. Collede o guión
que elaborastes e imos darlle forma á introdución.
- Que música escollestes para a cabeceira?
- Quen vai presentar o pódcast?
- Como se vai presentar a temática?
Entre todas as persoas do equipo, chegade a un acordo respecto a cada unha das preguntas anteriores. Só así poderemos ir avanzando.
Coidado coa música
Non se pode empregar calquera canción de calquera maneira para un pódcast, xa que a música está suxeita a dereitos de autoría. Para que poidades empregar a canción da vosa elección, o fragmento escollido non poderá superar os 15 segundos. Lembrade que existe unha manchea de artistas galegos, como Mondra, Louro 9, Fillas de Casandra, Kid Mont, Tanxugueiras, Baiuca, Carme López...
Se o que queredes é ter de fondo unha música ao longo do pódcast, podedes escoller algunha peza libre de dereitos. Para isto resultaranvos útiles plataformas como Audionautix ou Pixabay.
