Xa se che acendeu a lámpada das ideas? Seguimos co reto
Na sección pasada deste REA cada grupo escolleu o tema que ía tratar no seu pódcast. Imos continuar logo dándolle forma a este e, para iso, imos crear un guión! Aquí tes as partes máis importantes e habituais nun pódcast:
Tamén podes descargar o esquema en PDF (abre nunha nova xanela).
Agora que xa sabes as partes dun pódcast, xúntate co teu grupo e acordade que seccións terá o voso. As únicas seccións que teredes que incluír obrigatoriamente son:
- Unha entrevista
- Unha proposta literaria dunha obra narrativa en galego
Xuntádevos e... a deseñar!
Pode ser un resumo dun libro, as novidades editoriais do último mes, unha recomendación dunha lectura...