Quedou algo aí?
Antes de seguirmos a viaxe, temos que asegurar que imos por bo camiño. A continuación, atoparás diversas actividades de repaso de todo o que acabamos de ver. O ideal é que as realices todas, xa que che axudarán a esclarecer todos os conceptos que estiveches traballando, pero se iso che leva demasiado tempo, podes escoller unha das seguintes opcións:
- Opción A: “Canto lembras de narrativa?”, “Quen chega antes?”, “Fai turismo!”
- Opción B: “Ponte a proba!”, “Cal é cal?”, “Fai turismo!”
- Opción C: “Quen chega antes?”, “Cal é cal?”, “Fai turismo”
Comeza xa, a ver como vai esa cabeciña...
En primeiro lugar, de maneira individual, anota cinco pares de palabras que manteñan relacións semánticas diferentes entre si (por exemplo, unha parella de dous sinónimos, outra de hiperónimo-hipónimo etc.).
Imaxina que traballas na oficina de turismo da túa vila ou cidade e vén unha persoa a preguntarche polos monumentos ou lugar de interese que podería visitar. Elabora un texto expositivo de entre 5 e 8 liñas presentando o teu lugar favorito para poder entregarllo.