Para ser unha ou un xornalista de calidade, as novas que redactes deben contar coa seguinte estrutura:
Titular
É o título da noticia e adoita resumir a idea principal. Debe chamar a atención das persoas lectoras.
Subtítulo
É opcional. Amplía ou concreta o titular e pode engadir información clave.
Entradiña/ Lead
Está formado polo primeiro parágrafo, resume o esencial da noticia respondendo ás 6 preguntas clave (que, quen, cando, onde, como e por que), buscando captar o interese de quen o lea.
Corpo
Desenvolve toda a información. Normalmente inclúe: antecedentes, detalles dos feitos, declaracións, cifras, contexto, explicacións...
Peche
Pode ofrecer unha conclusión ou mostrar as consecuencias dos feitos.
Elementos visuais
Son opcionais. Trátase de fotografías, gráficos, mapas...
Descarga aquí (abre en nova xanela) o resumo da información. De novo se trata duns apuntamentos, que poderás modificar, editar ou completar coas indicacións que che forneza a túa profesora ou profesor.