Glosario
Divulgativo

Definición:
-
Que ten por finalidade chegar a moitas persoas.
-
Exemplo:
-
Hai tiktokers con contas divulgativas sobre medicina.
Ensaio

Definición:
-
Tipo de texto que analiza e presenta unha idea sobre un tema.
-
Exemplo:
-
Sempre en Galiza, de Castelao, é un dos grandes ensaios da literatura galega.
IA

Definición:
-
Siglas referidas á Intelixencia Artificial.
-
Exemplo:
-
A IA é unha ferramenta moi útil se se sabe empregar adecuadamente.
Tecnicismo

Definición:
-
Palabra cun significado específico dentro dun campo do saber.
-
Exemplo:
-
Software é un tecnicismo da informática.



Un mapa conceptual é unha ferramenta gráfica que pode ser de gran axuda á hora de estudar ou entender mellor un tema concreto, serve para organizar e representar de maneira visual unha serie de coñecementos. Adoita estar pensado para axudarnos a comprender certos conceptos.
