Tes memoria de peixe ou de elefante?
Dúas palabras son sinónimas cando teñen o mesmo significado.
Exemplo: negro — escuro
Dúas palabras son antónimas cando teñen significados contrarios.
Exemplo: claro — escuro
Ao longo deste camiño cara á creación do pódcast teremos que ir facendo paradas que che permitan converterte nunha persoa verdadeiramente experta para falar en público. Por exemplo, para evitar repetir sempre unha mesma palabra, veremos que podes cambiala por un sinónimo.
Pero... lembras o que eran palabras sinónimas? E o que eran palabras antónimas? Fai memoria e ponte a proba arrastrando cada tarxeta ata o seu contedor.



