Saltar navegación

1.2. Atréveste?

Que chanzos terás que gabear para acadar este reto?

Os chanzos que subirás para acadar o reto son:

1.º chanzo:

Pictograma de seleccionar a temática concreta do pódcast, das súas partes e da persoa a entrevistar.Selección da temática concreta do pódcast, das súas partes e da persoa a entrevistar

En equipo, pensaredes primeiro cal será a temática que guiará o voso pódcast e decidiredes cantas seccións terá. Ademais, tamén elixiredes a unha persoa relacionada con esa temática para entrevistala.

2.º chanzo:

Pictograma de elaborar un guiónElaboración dun guión para a entrevista

Aínda que ás veces o pareza, a improvisación apenas ten cabida nun pódcast. É por iso que teredes que artellar moi ben o guión da entrevista. Que preguntas serán as máis axeitadas para a persoa que escollestes?

3.º chanzo:

Pictograma de guía para a elaboración do guión do pódcast.Elaboración do guión do pódcast

Tamén faredes o guión de todo o pódcast, de xeito que cando te vexas diante do micrófono teñas moi claro o que che toca dicir.

4.º chanzo:

Pictograma de entrevistar.Realización das entrevistas

Chegará a quenda de realizar a entrevista á persoa que escollésedes en equipo. De seguro que lograredes facelo explotando a vosa creatividade e que o produto final será moi ameno e dinámico!

5.º chanzo:

Pictograma de estudio de gravación Gravación do pódcast

Agora si, chega o momento do directo. No espazo máis axeitado posible, teredes que montar un pequeno estudio de gravación, onde por fin se materializará o pódcast. Un micrófono, un ordenador e un pouco de ganas, e iso está feito!

6.º chanzo:

Pictograma que amosa unha tribuna de público. Promoción e difusión

E, como non, unha creación tan valiosa non debería quedar só para vós. Compartídea, publicitádea e difundídea. O mundo merece coñecervos!

Diario de aprendizaxe

Icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgal

Xa sabes que non nos gusta quedar coa palabra na boca, somos máis de botar a lingua a pacer. Saca a túa tamén e reflexiona: 

  • Que tal te expresas oralmente? Es quen de transmitir o que pensas?
  • E gustaríache crear un pódcast?

Escribe un breve texto no teu diario de aprendizaxe en que expliques cales cres que serán os pasos a seguir para acadar o reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)