Saltar navegación

1.1. O primeiro é o primeiro

Neste reto...

imaxe que amosa un micrófono cun filtro diante para gravar e, por detrás, a imaxe dun programa executando unha gravación de voz.

Traballarás en equipo para crear un pódcast en galego. Para isto irás dando diferentes pasos: decidir a temática, elaborar o guión, deseñar unha entrevista, traballar nun estudio de gravación...

Serás quen de engaiolar a audiencia?

Que ten por finalidade o reto?

imaxe que amosa a unha moza chegando á meta dunha carreira.

Para chegar a realizar o teu propio pódcast vas ter que:

  • Decidir a temática, o ton e as seccións do teu pódcast.
  • Crear un guión de forma cooperativa coas túas compañeiras e compañeiros.
  • Planificar e realizar unha entrevista a unha persoa da túa contorna.
  • Preparar o estudio para levar a cabo a gravación.
  • Realizar a produción e posprodución do pódcast.
  • Difundir o resultado final.

A que meta chegarás co reto?

Unha vez que acades o reto, isto é, co pódcast realizado en galego, serás quen de: 

pictograma dun trofeo en forma de copa dourada.
  1. Coñecer diferentes formatos de textos dos medios de comunicación e das redes sociais (como as entrevistas).
  2. Coñecer textos do ámbito académico como os apuntamentos, mapas conceptuais e exposicións.
  3. Planificar un texto oral con adecuación, coherencia e cohesión.
  4. Empregar técnicas relacionadas coa modulación da voz e a expresión oral.
  5. Debater sobre un tema.
  6. Usar correctamente diferentes fórmulas de cortesía conversacional.
  7. Empregar aplicacións TIC relacionadas coa gravación de voz e coa edición de arquivos de audio.
  8. Coñecer as características da novela e de diferentes subxéneros narrativos e reproducir a súa estrutura.
  9. Comprender as diferentes relacións entre os significados das palabras.
  10. Coñecer categorizacións básicas da oración.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)