Saltar navegación

5.2. Conexión catalá

Benvinguts

Camiseta coa bandeira galega e a catalá.


Queremos compartir con vós unha noticia moi especial. Que vos parecería realizar un intercambio cun centro catalán? Unha oportunidade fantástica de coñecer xente e de practicar e mellorar o que aprendiches do catalán. 

A idea é que vexan a vosa creatividade, que vos coñezan a través das tarefas que lles enviaremos. Escollede ben, será a vosa carta de presentación. 

Recuperade as tarefas da Fase 2 (2.1. Fotomontaxe e 2.2. Falando vai). Entre toda a clase escolle a que máis vos guste de cada unha. 

Engadide un toque persoal! Escribide unha carta de presentación. Podedes contarlles quen sodes, explicar de que trata cada tarefa ou calquera outra información que decidades. Corrixide o texto para que non haxa ningún erro. Cando a lean, saberán perfectamente o esforzo que hai detrás!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)