Saltar navegación

4.1. Zona de inspiración

Inspírate

Xa tes claro o que vas facer? E o resto do teu grupo? Botade unha ollada. Seguro que vos axudará.

Feira de coñecemento

Investigación inicial. O que é imprescindible é buscar información básica das linguas que vas promover:

  • Número de falantes.
  • Zonas onde se fala.
  • Características culturais asociadas.
  • Datos curiosos ou atractivos (palabras únicas, expresións etc.).

Definición da campaña. Axudará a ter claro cara a onde ides.

  • Definir o obxectivo (exemplo: sensibilizar, poñer en valor a diversidade lingüística...).
  • Crear unha idea central (exemplo: “Unha península, moitas voces”...).
  • Deseñar un slogan atractivo.

Extras. Para mellorar o proxecto podedes engadir máis información:

Deseño da identidade visual (un punto extra)

Crear:

  • Logotipo da campaña.
  • Paleta de cores.
  • Tipografías.
  • Decidir estilo visual (moderno, cultural, xuvenil…).

Creación de materiais para o posto (nivel experto)

Deseñar e elaborar:

  • Carteis informativos.
  • Folletos ou trípticos.
  • Mapas lingüísticos da península.

Preparar elementos interactivos:

  • Xogos lingüísticos (adiviñar palabras, expresións…).
  • Tarxetas con frases en distintas linguas.
  • Crear decoración do posto (bandeiras, cores, elementos culturais...).

Contidos dixitais (Lenda creativa)

Crear contidos dixitais:

  • Curiosidades lingüísticas.
  • Vídeos curtos ensinando palabras.
  • Elaborar un código QR que leve aos vídeos ou recursos adicionais.

Para ter en conta

Na exposición tamén podedes facer alusión a como sería o voso posto de ser o elixido.

Ter o público no peto é TOP. (Preparación da interacción co público)

Preparar un pequeno discurso explicativo para cando a xente se achegue ao voso posto.

Repartir roles no grupo:

  • Persoas que explican.
  • Persoas que dinamizan xogos.
  • Persoas que entregan materiais.

Pensar como atraer visitantes ao posto.

Organización do posto na feira 

Planificar a disposición do espazo:

  • Mesa.
  • Zona interactiva.
  • Exposición visual.
  • Preparar unha lista de materiais necesarios.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)