Saltar navegación

3. Unha volta polas linguas

 

Glosario

Neurocientífico -a

Pictograma de Arasaac de médicaDefinición:

      Persoa que estuda o sistema nervioso.

Exemplo:

      A neurocientífica pode axudarme a saber como funciona o meu cerebro cando aprendo unha lingua nova.

As linguas suman

Nena ollando un cartel


Vas promover linguas, saber a súa orixe, onde se falan, cantas persoas a falan... A Sabela é un tema que sempre lle interesou, será porque ela fala varias linguas desde pequena. A súa lingua materna é o galego, é a lingua da súa familia, a que lle falaban na casa incluso cando vivían en Barcelona. Agora ten moita sorte porque a fala todos os días coas súas amizades. Hai xente que fala en castelán pero ela sempre fala en galego aínda que tamén o sabe falar e enténdense. É marabilloso! Tamén fala catalán, inglés e francés. Agora está aprendendo portugués. Cústanlle un pouco certos sons pero a forza de practicar van saíndo. 

O outro día o seu avó contoulle que cando el estaba embarcado ía por todo o mundo falando en galego e que sempre se fixo entender. A avoa dunha súa amiga contoulle que ela emigrara a Suíza case sen escribir e ler e, por suposto, sen coñecer nada do idioma, e que o pasou mal o principio pero logo foi aprendendo.

Que duro tiña que ser todo isto pero que sorte teño de saber tantas linguas. Avanzamos moito. ―Pensa Sabela.

A tía de Sabela é neurocientífica e escribiu un artigo afirmando que as conexións neuronais (que é o que fai que nos funcione ben o cerebro) son máis altas cando unha persoa fala varias linguas desde pequena.

Na clase de Sabela hai xente que fala varias linguas, e na túa?

Pescuda cantas linguas falades na clase. Xa verás que saen unha chea.

Lectura facilitada

Agora vas traballar sobre as linguas. Tes que saber a súa orixe, onde se falan e cantas persoas as usan.

A Sabela gústalle este tema. Desde pequena fala varias linguas. A súa lingua materna é o galego. É a lingua da súa familia. Na casa sempre lle falaban en galego, mesmo cando vivían en Barcelona. Agora fala galego todos os días coas súas amizades.

Algunhas persoas falan castelán. Ela fala sempre en galego. Tamén sabe falar castelán e enténdese ben con todos. Sabela tamén fala catalán, inglés e francés. Agora está aprendendo portugués. Algúns sons cústanlle un pouco. Practica moito e cada vez fala mellor.

O seu avó conta que, cando traballaba embarcado, falaba galego por moitos lugares do mundo.  Sempre conseguía entenderse.

A avoa dunha amiga conta que emigrou a Suíza. Ao principio foi difícil porque non sabía ler nin escribir ben e tampouco coñecía a lingua. Despois foi aprendendo pouco a pouco.

Sabela pensa que antes todo era máis difícil. Tamén pensa que é unha sorte saber varias linguas. A tía de Sabela é neurocientífica. Ela explica que falar varias linguas desde pequena axuda ao cerebro.

Na clase de Sabela hai persoas que falan varias linguas. Na túa clase tamén pode pasar.

Podedes investigar cantas linguas falades entre todos e todas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)