Glosario
Lírica
-
Definición:
-
Un dos xéneros literarios. Relativo á poesía.
-
Exemplo:
-
A lírica medieval galego-portuguesa é un gran fito literario.
Definición:
Un dos xéneros literarios. Relativo á poesía.
Exemplo:
A lírica medieval galego-portuguesa é un gran fito literario.
A lírica contemporánea é aquela que se escribe na actualidade, nas últimas décadas do século XX e no XXI. As autoras e autores expresan sentimentos, ideas ou reflexións persoais de maneira creativa. É unha poesía máis libre, máis próxima e conectada coa realidade actual.
As características principais desta lírica son:
En galego temos, por exemplo, a Yolanda Castaño ou a Carlos Negro. En portugués, a José Luís Peixoto ou a Ana Luís Amaral. En éuscaro, a Miren Agur Meabe ou a Kirmen Uribe. E en catalán, a Marc Granell ou a Maria Mercè Marçal.
A pesar de escribiren en diferentes linguas, falan de cousas semellantes: quen somos, que sentimos e como vemos o mundo.
Algúns levaron o Premio Nacional de Poesía: Yolanda Castaño e Miren Agur Meabe ou o Premio da Crítica Kirmen Uribe e Marc Granell.
A lírica contemporánea é a escrita a finais do século XX (vinte) e no XXI (vinte e un).
Características principais:
Autores e autoras:
Escriben en linguas diferentes pero tratan os mesmos temas: o que somos, o que sentimos, como vemos o mundo...
Algúns recibiron premios importantes como o Premio Nacional de Poesía ou o Premio da Crítica.
Agora tócache a ti procurar que poemarios conseguiron estes premios e tamén buscar outras autoras ou autores que os levasen.
A poesía pode transmitir moitas sensacións. A lingua literaria é plurisignificativa; o que imaxinas ti ao ler ou ao escoitar un poema, é diferente ao que imaxina outra persoa.
Isto é do que trata a seguinte actividade: unha fotomontaxe. Sabela está encantada, xa que une as súas dúas grandes paixóns: a poesía e a fotografía.
E ti, anímaste a ser artista?
A poesía pode transmitir moitas sensacións.
Cada persoa imaxina cousas diferentes cando le ou escoita un poema.
Esta actividade consiste en facer unha fotomontaxe.
Sabela está moi contenta porque pode xuntar dúas cousas que lle gustan moito: a poesía e a fotografía.
E ti, queres probar a ser artista?
Para recitares ben un poema:
Para recitares ben un poema:
Tes que elaborar unha fotomontaxe cun poema relacionado coa natureza. Mesturará imaxes e audio.
Podes facelas co ordenador, coa tableta ou co teléfono. Hai moitos programas que che axudan dun xeito moi doado.
Consellos
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0