Glosario
Embaixador, -a
-
Definición:
-
Persoa que representa un país, unha cultura ou unha organización.
-
Exemplo:
-
A embaixadora de Portugal deu unha conferencia.
Definición:
Persoa que representa un país, unha cultura ou unha organización.
Exemplo:
A embaixadora de Portugal deu unha conferencia.
Hoxe a profesora de lingua explicounos que iamos participar nunha feira. O primeiro que pensamos todos foi preguntarnos que venderiamos. Pero logo explicou que non era esa clase de feira, era unha feira de coñecemento que organiza unha universidade.
Non poderemos ir todo o instituto, pero vaise organizar unha especie de proceso de selección. Irán os que escollamos entre un xurado e toda a clase.
Sabela preguntou se podía haber feiras de coñecemento sobre linguas. Xa que se estamos en lingua, será sobre lingua, -pensou.
A profesora díxolle que si, que xa o explicaría polo miúdo, pero que se trataba de elaborar todo o que se nos puidera ocorrer para termos unha caseta sobre unha lingua na feira.
A Sabela xa se lle viñeron moitas ideas á cabeza: vídeos, xogos, lectura de poemas, carteis..., se o seu grupo non resulta gañador para poder ir, podería axudar, ou ser xurado...
— Que sorte temos que se fagan cousas así! Cando empezamos? -Dixo toda a clase.
— Agora mesmo. -Dixo a profesora.
Vés con nós á feira? Cantos máis mellor!
Hoxe, na clase de lingua, a profesora falou dunha actividade nova.
A clase vai participar nunha feira. É unha feira de coñecemento.
Organízaa unha universidade. Hai que escoller quen vai ir.
Primeiro, cada grupo preparará unha proposta. Despois, a clase e un xurado escollerán.
Sabela preguntou se a feira podía ser sobre linguas. A profesora respondeu que si.
Cada grupo terá que preparar unha caseta sobre unha lingua.
Na caseta poden poñer:
Sabela pensou en moitas ideas. Tamén pensou noutra cousa. Se o seu grupo non gaña, pode axudar igual. Pode colaborar ou ser xurado.
Toda a clase estaba contenta.
Todos preguntaron:
— Cando empezamos?
A profesora respondeu:
— Agora mesmo.
Ao final, convidaron a participar:
Vés con nós á feira? Cantos máis, mellor!
Para que teñas unha idea, podes ver esta feira de ciencia.
Aquí podes ver unha feira de linguas indíxenas que promove o goberno de México.
Aquí podes a acceder ao programa da feira educativa Innovart 2026.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0