Que vas facer?
A universidade organiza unha feira do coñecemento e quere que o teu centro conte cun posto para promover distintas linguas da península. Igual ca Sabela, ti tamén formarás parte dun grupo de traballo e terás que colaborar na elaboración dun proxecto para presentalo como candidato a representar o centro na feira. Este proxecto deberá contar cunha exposición oral, unha presentación das linguas e un cartel informativo.
O teu obxectivo é claro: conseguir que o voso proxecto sexa o escollido para participar na feira. Podedes mellorar o traballo e subir de nivel. Que dicides?
- Nivel básico: exposición oral, presentación e cartel informativo.
- Nivel experto: tamén terás que facer un tríptico informativo e un anuncio.
- Nivel lenda creativa: se queres facer un traballo aínda mellor, tamén podedes engadir: un vídeo promocional orixinal.
Lembrade que a creatividade, a boa organización e a claridade na presentación poden marcar a diferenza. Agora comeza o camiño para demostrar todo o que es capaz de facer!
Lectura facilitada
A universidade organiza unha feira do coñecemento. Quere que o teu centro participe cun posto.
Ese posto servirá para presentar linguas da península.
Ti vas traballar en grupo e ten que preparar un proxecto.
Ese proxecto servirá para intentar representar o centro.
O proxecto debe ter:
- unha exposición oral,
- unha presentación das linguas,
- un cartel informativo.
O obxectivo é claro: conseguir que o voso proxecto sexa o escollido.
Podedes mellorar o traballo e subir de nivel.
Nivel experto
Se queredes traballar como expertos, tamén tedes que facer:
- un tríptico informativo,
- un anuncio.
Nivel lenda creativa
Se queredes facer un traballo aínda mellor, tamén podedes engadir: un vídeo promocional orixinal.
É importante:
- ser creativos,
- organizar ben o traballo,
- explicar con claridade.
Todo isto pode axudar a que o voso proxecto sexa elixido.
Agora comeza o reto.
É o momento de demostrar todo o que sabedes facer.
Audio
Que terás que facer?
Xunto cos compañeiros e compañeiras do teu grupo de traballo terás que seguir os seguintes pasos:
Paso a paso
1. Busca
Terás que preparar ben o contido buscando información sobre as linguas en fontes fiables e seleccionar as ideas máis importantes.
2. Deseña
Deseñar o voso proxecto de promoción das linguas.
3. Redacta
Deberás redactar unha presentación cunha boa estrutura.
4. Elabora
Terás que elaborar un cartel coa información máis importante para a promoción das linguas.
5. Ensaia
Deberás ensaiar a exposición oral do voso proxecto.
Audio
Que vas aprender?
1. Repasarás o que sabes das linguas.
2. Coñecerás a lingua de signos.
3. Adentraraste na cultura das persoas xordas.
4. Aprenderás a saudar nas diferentes linguas, a presentarte e un vocabulario básico.
5. Coñecerás cancións, poemas e persoas escritoras das distintas linguas.
Audio
Ao final poderás...
- Coñecer os saúdos en diferentes linguas.
- Recitar poemas.
- Expresarte en público.
- Manexar dicionarios.
- Ter un encontro virtual cun centro catalán.