Saltar navegación

5.1. Bo traballo!

Moi bo traballo!

O traballo é equipo. Require dun esforzo diferente a cando traballamos de forma individual. As persoas somos diferentes e temos distintos puntos de vista, ideas, formas de traballar... Ás veces é fácil e ás veces complicado. Pero sempre se aprende moito porque compartir é abrir as posibilidades. Reflexiona. É o momento. Pensa no traballo do teu equipo, no que cada membro realizou e achegou ao reto final. E tamén no traballo dos demais grupos.

Escribe no teu caderno a túa reflexión sobre as persoas que mellor realizaron o traballo en equipo e por que o ves así. Ollo!, non se trata de escoller a persoa que mellor fixo o seu traballo, senón da persoa que mellor traballou en equipo. A que serviu para unir o grupo, soubo solucionar problemas que foron xurdindo, axudou a que outras persoas atopasen o seu camiño dentro do grupo...

Despois poñede en común as reflexións de toda a clase. Fíxate no que as persoas valoran máis nun compañeiro ou compañeira de equipo. Toma nota para os seguintes retos.

Lectura facilitada

O traballo en equipo é diferente ao traballo individual.
Cada persoa é distinta e pensa de xeito diferente.
Ás veces é fácil e outras veces complicado.
Pero sempre se aprende moito.

Agora é momento de reflexionar.
Pensa no traballo do teu equipo.
Pensa no que fixo cada persoa.
Pensa tamén no traballo dos outros grupos.

Escribe no caderno a túa reflexión.
Di que persoas traballaron mellor en equipo e por que.

Atención:
Non é a persoa que máis traballou,
senón a que mellor axudou ao grupo.
A que uniu, axudou e resolveu problemas.

Despois, compartide as reflexións na clase.
Fíxate no que máis se valora nun bo compañeiro.
Gárdao para os próximos retos.

Como o fixen?

Avalío o meu traballo
 4 Nivel Pro 3 Bo traballo2 Pode mellorar1 Hai que esforzarse máis
Participación e colaboraciónParticipei activamente en todas as tarefas e axudei aos meus compañeiros e compañeiras cando o necesitaron. (2)Participei na maioría das tarefas e colaborei co equipo. (1.5)Participei nalgunhas tarefas, pero non de forma constante. (1)Case non participei ou non colaborei co equipo. (0.5)
Reparto das tarefasAs tarefas repartíronse de maneira xusta e todos fixemos a nosa parte. (2)Case todas as tarefas se repartiron ben, aínda que algunha non. (1.5)Só algunhas tarefas estiveron ben repartidas. (1)As tarefas estiveron moi mal repartidas ou fixo case todo unha soa persoa. (0.5)
Comunicación e respectoEscoitei os demais, respectei todas as opinións e contribuín a chegar a acordos. (2)Normalmente escoitei e respectei as opinións dos compañeiros e das compañeiras.. (1.5)Ás veces custoume escoitar ou respectar as opinións dos demais. (1)Non respectei as opinións dos compañeiros ou impuxen a miña. (0.5)
Responsabilidade e cumprimentoCumprín sempre coa miña tarefa no tempo acordado e fíxena con coidado. (2)Cumprín coa miña tarefa, aínda que con algunha dificultade. (1.5)Cumprín só parte da miña tarefa ou fixena fóra de prazo. (1)Non cumprín coa miña tarefa. (0.5)
Participación nas diferentes seccións do programaParticipei activamente en todas as seccións do traballo ou proxecto. (2)Participei na maioría das seccións do traballo. (1,5)Só participei nalgunhas seccións do traballo. (1)Non participei ou participei moi pouco. (0.5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Avalío o meu traballo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)