Acción!

Agora vén o complicado, organizar. Sabela e o seu equipo están na fase máis laboriosa do traballo. Toca decidir a orde das seccións, a duración, elaborar o guión, poñer a música, facer a montaxe, decidir o rol de cada persoa,
organizar a temporalización de cada unha das seccións e do programa completo.
Igual que Sabela ti cos teus compañeiros e compañeiras deberás facer o mesmo. Verás que Sabela xa ten todo feito. O seu equipo buscou información, organizou o que foron atopando, escribiu o guión, gravou o audio... Só
queda montar todo para poder emitir o programa.
Tamén é o momento de que ti e a túa clase realice o programa. O gran día está á volta e tes que ter todo listo. Ao igual que o resto dos compañeiros e compañeiras.
Lectura facilitada
Agora toca organizar. Sabela e o seu equipo traballan moito. Esta parte é a máis difícil.
Hai que decidir a orde e o tempo. Hai que escribir o guión. Hai que poñer música. Hai que montar o programa. Hai que repartir tarefas.
Ti tamén tes que facer o mesmo. Traballa cos teus compañeiros e compañeiras.
O equipo de Sabela xa o fixo:
Buscou información.
- Organizou as ideas.
- Escribiu o guión.
Gravou o audio. - Agora só falta montar todo.
Ti e a túa clase tamén facedes o programa. O día importante está preto.
Ten que estar todo preparado.
Co teu grupo, recompila os traballos que realizastes durante estes días, poñédeos en común co resto da clase e escollede os que formarán parte do programa. Axúdate da lista de cotexo para ver que está todo.
Quen presenta? Quen le? Quen pon a música? Lembrade todos os oficios para realizar un programa (presentador/a, redactores, técnicos de son...). Escollede entre toda a clase que grupo vai ser o encargado de
Unha vez teñades todos os traballos redactade o guión do programa e repartide a cada persoa a súa parte. Cada grupo ten que redactar a parte da que se fai cargo e o grupo de coordinación
Le a parte que che toca (presentación, concurso, música...). Ensaia de forma individual e todos xuntos. Facede un ensaio xeral no lugar onde vai ter lugar o programa.