Coas mans na fariña
Para poder elixir que facer no programa é importante ter clara a súa estrutura. A continuación tes explicado como vai ser o programa e as súas seccións. Lede entre toda a clase o esquema para comprender mellor como se vai desenvolver.
1. Introdución
Benvida e explicación.
Darase unha benvida ao público, terá unha breve introdución sobre as seccións que ten o programa e as persoas presentadoras.
Para introducir a seguinte sección escoitaremos un dos poemas seleccionados da tarefa da sección 3.1. Miña santiña, miña santasa.
2. Microconcurso de falsos amigos entre o galego e o portugués
Descrición da actividade.
Para comezar a sección primeiro haberá que explicar o que son os falsos amigos e como se vai organizar o microconcurso. Empregarase o recompilado na tarefa 2.1. Ollo piollo/olho vivo. Buscarase a interacción co público e farase unha selección dos gañadores onde se escollerá quen foi o mellor en identificar os falsos amigos.
Para introducir a seguinte sección escoitaremos outro dos poemas seleccionados da tarefa da sección 3.1. Miña santiña, miña santasa.
3. Lectura de poemas e descricións
Selección da mellor lectura.
Primeiro presentarase a sección e despois escoitaranse as lecturas das descricións e dos poemas seleccionados das tarefas 2.4. E como é, O lugar da lectura e Detective Ferruchi. O público escollerá as gañadoras entre elas ao votar pola máis creativa ou ben escrita. Darase a opción ás persoas participantes de falar brevemente sobre o seu texto (descrición ou poema) antes da lectura.
Para introducir a seguinte sección escoitaremos outro dos poemas seleccionados da tarefa da sección 3.1. Miña santiña, miña santasa.
4. Concurso de arte
Concurso de poemas ilustrados e contraportadas de libros.
Presentaranse os participantes que amosarán as súas creacións artísticas ao público (tarefa 2.4. Cartas de memoria). Daráselle a oportunidade ao público de votar por aquelas contraportadas que consideren máis orixinais e interesantes.
Para introducir a seguinte sección escoitaremos outro dos poemas seleccionados da tarefa da sección 3.1. Miña santiña, miña santasa.
5. Rolda de lingua
Actividade sobre os adverbios e as interxeccións.
Primeiro farase a lectura do texto da tarefa 3.2. Conversa de interxeccións. Despois escolleranse os enunciados sacados da tarefa Ei! Sei onde hai máis. O público terá que explicar a información que achega cada interxección.
Para o concurso de adverbios leranse un ou varios textos elixidos dos confeccionados na tarefa da sección 3.3. E se o fas cos adverbios. O público deberá identificar no texto os adverbios e locucións adverbiais.
Para introducir a seguinte sección escoitaremos outro dos poemas seleccionados da tarefa da sección 3.1. Miña santiña, miña santasa.
6. Remate do programa
Agradecementos.
Faranse agradecementos ao público e ás persoas participantes e felicitacións ás persoas gañadoras dos concursos.
Para rematar escoitaremos o último dos poemas seleccionados da tarefa da sección 3.1. Miña santiña, miña santasa.
7. Peche
Final do evento.
Finalizarase o programa co anuncio do final do evento e co convite aos asistentes a seguir participando nas futuras actividades que se organicen.
Lectura facilitada
Entre toda a clase teredes que elaborar un guión para a presentación do programa e as diferentes seccións:
- Introdución. Damos a benvida. Dicimos de que vai o programa.
- Xogo de falsos amigos. Explicamos o xogo. O público participa. Escollemos as persoas gañadoras.
- Lecturas. Lemos descricións e poemas. O público vota.
- Traballos creativos. Amosamos debuxos e contraportadas. O público vota.
- Rolda de lingua. Xogamos con interxeccións e adverbios.
- Agradecementos. Damos as grazas. Escoitamos o poema.
- Final. Soa música. Despedímonos.
Audio
Audio dos apartados 1 a 4
Audio dos apartados 5 a 7