Aplícase á persoa que se sente entusiasmada por algo ou alguén.
Exemplo:
O último disco desta cantante tenme engaiolada.
Metáfora
Definición:
Recurso estilístico que consiste en empregar unha palabra con sentido figurado.
Exemplo:
Nos refráns hai moitas metáforas. Afogarse nun vaso de auga significa angustiarse moito por pouca cousa.
Cousas novas
Non todo o que vai entrar no programa é coñecido para Sabela e os seus amigos. Hai cousas que lles son novas.
Por exemplo, hoxe pasou algo na clase que van incorporar ao programa. O profesor dixo que ían ler un texto de Anxo Iglesias, do seu libro Tacón, punta, tacón.
Sabela quedou engaiolada. Pero non está presa; isto é unha metáfora, un recurso estilístico.
Ela sempre foi moi boa escribindo, pero nunca se decatara do que ideaba e do que se podería chegar a realizar coas palabras.
Ao falar co grupo decidiron que iso tiña que ter un oco no seu programa.
Cantas cancións escoitarían cheas de metáforas sen saber o que era iso!
A poesía está con nós, en todas as partes, e nin conta nos damos.
Vas aprender a xogar coas palabras, coas metáforas, co ritmo..., ideas novas e diferentes para poder facer un gran programa ao final do reto. Vamos? Ready?
Lectura facilitada
Non todo o programa é coñecido para Sabela e os seus amigos. Hoxe pasou algo na clase. Queren contalo no programa.
A Sabela gústalle moito o texto que leron na clase. Sentiuse moi ben ao escoitalo.
Hai palabras que non significan o que parecen. Isto chámase metáfora.
Sabela escribe ben. Agora aprende cousas novas coas palabras.
Moitas cancións usan metáforas. Ás veces non o sabemos.
A poesía está en moitos sitios. Vas xogar coas palabras. Vas aprender cousas novas.