Palabras que mudan
Os adverbios son unha clase de palabra que modifican un verbo, un adxectivo, outro adverbio ou unha oración enteira. Achegan unha circunstancia de modo, de tempo, lugar, cantidade, precisión, afirmación, negación ou dúbida. Tamén hai locucións adverbiais que achegan as mesmas circunstancias pero están formadas por máis dunha palabra.
Amodo/amodiño/devagar/paseniño significa pouco a pouco, lentamente. Son adverbios de modo. Tamén podemos utilizar os adverbios acabados en -mente.
Ao chou e a ceacú son locucións adverbiais pois están formadas por máis dunha palabra.
Seguimos? Cada paso estás máis preto de chegar ao destino, o reto final.