Saltar navegación

2.4. As palabras voan

A radio, o meu pequeno mundo

Sabela diante dunha porta cun cartel que pon radio.

Sabela tamén ten o seu lugar extraordinario porque quere imaxinar, descubrir, contar ou viaxar a outros mundos. Un dos seus lugares é a biblioteca, outro a radio. Teñen máis en común do que che poida parecer, pois a radio naceu na biblioteca e agora nela fálase de libros, de bibliotecas extraordinarias, de poemas, de cancións, de narracións...

Hai xa un ano que Sabela entrou na radio. Nunca pensou que aquel espazo chegase a ser tan importante para ela. O lugar era pequeno, pero para Sabela era o mundo enteiro. Unha das paredes estaba ateigada de carteis. Algúns aí estaban dende que comezou a funcionar a radio. No lateral, a cortiza contiña a organización semanal. Quen tiña que facer o programa, a quen lle tocaba estar na mesa, quen tiña que locutar... A outra parede estaba chea de andeis coas vellas enciclopedias que xa non tiñan sitio na biblioteca; alguén dixera que servían ben para evitar que o son oco dos espazos pequenos saíse nas emisións. E no medio estaba a mesa. Chea de cables que partían da mesa de son cara aos micros e ao ordenador. Alí era onde se facía a maxia. Esa que a enfeitizara había xa un ano, no curso pasado. Sabela non precisaba estar alí para poder describir con precisión como era aquel lugar.

Lectura facilitada

A radio era pequena.

  • Tiña carteis nunha parede.
  • Tiña unha cortiza para organizar o traballo.
  • Tiña andeis con libros vellos.
  • No centro había unha mesa con cables, micros e ordenador.

Alí facían o programa.

Sabela lembraba todo moi ben. Pode describila cos ollos pechados.
Para ela, a radio era un lugar especial.

Podes imaxinar como é?

As descricións teñen a función de representar con palabras unha cousa, un lugar ou unha persoa. Mesmo sentimentos e estados de ánimo.

As descricións poden ser obxectivas ou subxectivas. De que depende?

Unha descrición obxectiva é a que tenta plasmar como é o obxecto, a persoa, o lugar... Nas descricións subxectivas a persoa que describe tenta explicar como é que ela ve esa persoa, lugar... Aquí entran os sentimentos.

Moitas veces as descricións mesturan ambos os aspectos. Sabela, por exemplo, describe o espazo da radio como un lugar pequeno (obxectivo) pero tamén di que é como un mundo enteiro (subxectivo). É dicir, sabemos que o espazo da radio é pequeno, pero sabemos que para Sabela estar alí é como estar no mundo enteiro. Contraditorio, non si? Pero é o que ten estar ou non a gusto nun lugar.

Lectura facilitada

As descricións serven para explicar como é unha cousa, un lugar ou unha persoa.
Tamén serven para explicar sentimentos.

Hai dous tipos:

A descrición obxectiva indica como é algo de verdade.
A descrición subxectiva di como o sente quen describe.

Ás veces mestúranse. Por exemplo:

Sabela di que a radio é pequena. É unha descrición obxectiva.
Tamén di que é como un mundo enteiro para ela. É unha descrición subxectiva.

A radio é pequena, pero para Sabela é especial.

Apoio visual

mapa conceptual: descricións
Creación propia. Proxecto cREAgal. apoio visual 2.4

Para saber máis

Tipos de descrición

Se lembras, tamén podemos facer unha diferenciación das descricións tendo en conta o que se describe:

  • Topografía: descrición dun lugar.
  • Prosopografía: descrición dunha persoa fisicamente.
  • Etopea: descrición psicolóxica dunha persoa.
  • Retrato: a unión das dúas descricións anteriores (posopográfica e etopea).
  • Caricatura: descrición humorística ou ridiculizadora dunha persoa esaxerando certas características.

Puntuación

Para facer unha boa descrición, ao igual que para escribir calquera texto, é moi importante ter claros os usos dos signos de puntuación.

  • COMA (,): cando a usamos é para avisar que hai que facer unha pausa breve  na lectura. Utilízase cando enumeramos para separar cada un dos elementos. Exemplo: Un, dous, tres e catro. Tamén se usan para facer unha pausa para aclarar o que se está dicindo. Exemplo: Cando rematou de comer, o pan con queixo, colleu o vaso de auga.
  • PUNTO E COMA (;): marca unha pausa máis pequena que a que marca un punto, pero máis longa que a da coma. A pesar de ter un punto, despois do punto e coma continuamos en minúscula. Serve para separar os elementos dunha enumeración cando eses elementos teñen comas no interior. Exemplo: o elefante, que tiña lentes; o león, que quería bailar; a serpe, que non falaba nunca e o rato amarelo... Tamén para separar oracións que teñen comas. Exemplo: se a pausa é longa, usa o punto; se é curta, o punto e coma.
  • PARÉNTESE (()): empregámolas para intercalar aclaracións nunha oración, para dar datos concretos ou que non teñen relación directa co anterior. Exemplo: María (37 anos de idade) era a encargada... Tamén empregamos as parénteses con tres puntos (...) para indicar que se eliminou parte do texto. Exemplo: Había unha vez (...) e o lobo abriu a súa boca...
    Podes repasar máis signos de puntuación entrando nesta páxina de contidos educativos. (Accede a páxina web. Abre nunha nova xanela).

Coherencia

Existen 3 propiedades principais dun texto. A cohesión, a adecuación e a coherencia. Un texto debe estar ben cohesionado (debemos unir as diferentes partes con conectores), debe ter adecuación (ser axeitado ao público ao que vai dirixido, escollida correctamente a canle de emisión, a linguaxe...) e por último debe ser coherente.

A coherencia dun texto indica que o texto ten as ideas ordenadas, que están conectadas de forma lóxica, que teñen relación entre elas...

Cando escribas lembra que debes pensar en que o texto debe ser entendido como un elemento único, formado por múltiples partes. A coherencia ou incoherencia dun texto depende diso. Un texto é a suma de diferentes partes, que deben estar relacionadas. Para que o teu texto sexa coherente non te leves a contraria, non unas ideas que non teñen relación entre elas ou lembra a concordancia de xénero, número e persoa.

Lectura facilitada

Hai diferentes tipos de descrición.

  • Topografía: describe un lugar.
  • Prosopografía: describe como é unha persoa por fóra.
  • Etopea: describe como é unha persoa por dentro.
  • Retrato: describe unha persoa por fóra e por dentro.
  • Caricatura: describe unha persoa de forma divertida. Esaxera algunhas cousas.

Puntuación
Para escribir ben, hai que usar signos de puntuación.

  • A coma (,): é unha pausa pequena. Úsase nas listas. Exemplo: un, dous, tres e catro.
  • O punto e coma (;): é unha pausa media. Non se usa moito.
  • As parénteses ( ): serven para engadir información. A información é extra.


Coherencia
Un bo texto ten sentido.

  • As ideas van en orde.
  • As ideas están relacionadas.
  • O texto non se contradí. Non mestura ideas sen sentido.
  • Un texto é un todo. Ten partes, pero van xuntas.

Revisa o que escribes.
Así o texto entenderase mellor.

E como é?

Na páxina anterior escoitaches sobre a biblioteca extraordinaria do Castelo de Gledamoar. Lembras? Pois bota un ollo ás seguintes bibliotecas extraordinarias: 

Extraordinarias verdade?

Pois agora vas ter tres posibilidades de escolla para traballares:

a) Escolle unha das bibliotecas que visitaches virtualmente e fai unha descrición dela no teu caderno.

b) Visita a biblioteca do centro ou a pública do concello e fai a súa descrición no teu caderno.

c) Deseña e describe a túa biblioteca extraordinaria, aquela que sería perfecta para ti. Faino no teu caderno.

Algunhas destas descricións formarán parte do reto final.

O lugar da lectura

Este poema de Carlos Negro foi un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor de 2011. Escoita con atención!

Accede á transcrición do audio

Unha illa de luz na xema dos dedos.

Unha porta sempre entreaberta.

Unha duna cara ao vento.

Unha nube sobre a herba.

Unha casa encantada.

Unha laranxa do paraíso.

Unha pousada no inferno.

Unha man e unha fouce.

Unha carapucha vermella.

Unha bufanda colorada.

Unha alfombra no ceo.

A pulga e o xigante.

A rosa e o cravo.

A serpe e a mazá.

A fonte e o cervo.

A flor da candea.

A fenda do espello.

A lúa na boca.

A tona do tempo.

A pedra e o canto.

A voz e o silencio.

Carlos Negro (2011), O lugar da lectura. 

Agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor de 2011

O teu lugar de lectura

Acabas de escoitar un poema de Carlos Negro, nel describe o seu lugar de lectura. Agora é o teu momento, colle o caderno e fai un poema de, mínimo 8 versos, en que describas o teu lugar de lectura favorito. Esta descrición pode ser unha das que formen parte do reto final.

Convite para ler

Observa estas portadas e pensa o que che suxiren, preme sobre as cartas para descubrir que agochan, descubrirás parte do que podes atopar nas súas contraportadas.

Despois terás que deseñar a portada do libro que che gustaría ler ou escribir. Unha vez que teñas o deseño, escribe a contraportada que resuma o contido da lectura.

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Observa estas portadas e pensa o que che suxiren, preme sobre as cartas para descubrir que agochan, descubrirás parte do que podes atopar nas súas contraportadas.

\n

Despois terás que deseñar a portada do libro que che gustaría ler ou escribir. Unha vez que teñas o deseño, escribe a contraportada que resuma o contido da lectura.

\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n

\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n

\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n
\n","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/aneveinterminable.jpg","x":0,"y":0,"author":"Agustín Fernández Paz (Editorial Xerais)","alt":"A neve interminable de Agustín Fernández Paz","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#9bbeca","eTextBk":"Un%20equipo%20de%20guionistas%20recibe%20a%20encarga%20de%20escribir%20os%20gui%C3%B3ns%20dunha%20futura%20serie%20de%20televisi%C3%B3n.%20Para%20concentrarse%20deciden%20reclu%C3%ADrse%20nun%20hostal%20na%20Fonsagrada.%20%C3%89%20inverno."},{"url":"resources/aplicacion_instantanea.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#f2b0b0","eTextBk":"A%20poes%C3%ADa%20conecta%20inmediatamente%20co%20sistema%20operativo%20das%20t%C3%BAas%20emoci%C3%B3ns.%20Se%20descargas%20o%20programa%20no%20teu%20men%C3%BA%20de%20lecturas%2C%20ter%C3%A1s%20acceso%20ilimitado%20ao%20universo%20afectivo%20de%20catro%20avatares."},{"url":"resources/cicuta.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#e4dddd","eTextBk":"%C2%ABB%C3%BAscase%20persoa%20curiosa%20para%20resolver%20crime%20que%20a%C3%ADnda%20non%20se%20cometeu.%C2%BB%20A%20aparici%C3%B3n%20desta%20mensaxe%20nos%20anuncios%20por%20palabras%20dun%20xornal%20esperta%20a%20atenci%C3%B3n%20de%20Erundino%20Terr%C3%B3n."},{"url":"resources/contos_de_obxectos.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#c9d7f7","eTextBk":"%20A%20Xabier%20Docampo%20gust%C3%A1balle%20contar%20historias.%20As%C3%AD%20nacen%20os%20%C2%ABContos%20de%20obxectos%C2%BB%3B%20oito%20relatos%20que%20el%20contaba%20amosando%20alg%C3%BAn%20obxecto%20central%20no%20desenvolvemento%20da%20trama.%20"},{"url":"resources/quenprecisa_unha_avoa.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ecd979","eTextBk":"O%20curso%20non%20pinta%20ben%20para%20Marta.%20O%20profesor%20mandou%20facer%20un%20traballo%20e%20hai%20que%20falar%20coas%20avoas.%20Pero%20ela%20non%20ten%20avoas!%20Non%20lle%20queda%20outra%3A%20ter%C3%A1%20que%20secuestrar%20unha%20avoa."},{"url":"resources/adivinaestaadivina.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#8ff0a7","eTextBk":"Cal%20ser%C3%A1%20o%20mellor%20momento%20deste%20d%C3%ADa%2C%20cal%20ser%C3%A1%2C%20para%20que%20leas%20adivi%C3%B1as%20e%20aprendas%20a%20adivi%C3%B1ar%3F%20Cal%20vai%20ser%3F%20Agora%20mesmo!%20Ve%C3%B1a%2C%20avante%2C%20empeza%20xa!"},{"url":"resources/ocastaneiro.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#f0c593","eTextBk":"Buto%2C%20o%20zapateiro%2C%20conta%20a%20historia%20do%20seu%20amigo%20Baltasar%2C%20un%20rapaz%20de%20once%20anos%2C%20cego%20de%20nacemento%20e%20orfo%20de%20nai%2C%20que%20vive%20coas%20s%C3%BAas%20t%C3%ADas%20antip%C3%A1ticas%20e%20malvadas."},{"url":"resources/xestas_olimpicas.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#a1e6f2","eTextBk":"Relatos%20do%20esforzo%2C%20%C3%A1s%20veces%20sobrehumano%2C%20por%20superar%20unha%20marca%2C%20unha%20altura%2C%20unha%20distancia...%20pero%20sobre%20todo%20por%20superarse.%20E%20por%20servir%20de%20inspiraci%C3%B3n%20e%20est%C3%ADmulo%20%C3%A1%20xente%20nova."},{"url":"resources/be_water_aya.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#57e389","eTextBk":"Tras%20o%20Gran%20Cataclismo%2C%20a%20humanidade%20sobrevive%20soterrada%20nas%20Colmeas%2C%20estruturas%20el%C3%ADpticas%20con%20min%C3%BAsculos%20cub%C3%ADculos%20hexagonais%20onde%20dormen%20os%20sus%20habitantes."}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"%3Cp%3ESe%20a%EDnda%20non%20tes%20ideas%2C%20podes%20visitar%20a%20biblioteca.%20Al%ED%2C%20de%20seguro%2C%20atopar%E1s%20a%20inspiraci%F3n%20que%20precisas.%3C/p%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-fx%20exe-accordion%22%3E%0A%3Ch2%3ECr%E9ditos%20das%20portadas%20dos%20libros%20convidados%20a%20ler%3C/h2%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-layout-3-cols%20exe-clear%22%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-1%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/aneveinterminable.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3EAgust%EDn%20Fern%E1ndez%20Paz%2C%20%3Cem%3EA%20neve%20interminable.%3C/em%3E%20%3C/span%3EEditorial%20Xerais%20%3Cspan%20class%3D%22license%22%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%3E%29%3C/span%3E%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-2%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/aplicacion_instantanea.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3ECarlos%20Negro%2C%20%3Cem%3EAplicaci%F3n%20instant%E1nea.%A0%3C/em%3E%3C/span%3EEditorial%20Xerais%A0%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%29%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-3%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/cicuta.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3ERoc%EDo%20Leira%2C%20%3Cem%3ECicuta%20para%20dous.%A0%3C/em%3E%3C/span%3EEditorial%20Xerais%A0%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%29%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-layout-3-cols%20exe-clear%22%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-1%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/contos_de_obxectos.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3EXabier%20P.%20Docampo%2C%20%3Cem%3EContos%20de%20obxectos.%A0%3C/em%3E%3C/span%3EEditorial%20Xerais%A0%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%29%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-2%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/quenprecisa_unha_avoa.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3EAndres%20Barreira%20Freije%2C%20%3Cem%3EQuen%20precisa%20unha%20avoa%3F.%A0%3C/em%3E%3C/span%3EEditorial%20Xerais%A0%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%29%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-3%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/adivinaestaadivina.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3EAnt%F3n%20Cortizas%20Amado%2C%20%3Cem%3EAdivi%F1a%20esta%20adivi%F1a.%20%3C/em%3EEditorial%20Galaxia%A0%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22license%22%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%3E%29%3C/span%3E%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-layout-3-cols%20exe-clear%22%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-1%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/ocastaneiro.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3EAntonio%20Manuel%20Fraga%2C%20%3Cem%3EO%20casta%F1eiro%20de%20abril.%A0%3C/em%3E%3C/span%3EEditorial%20Xerais%A0%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%29%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-2%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/xestas_olimpicas.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3EH%E9ctor%20Cajaraville%2C%20%3Cem%3EXestas%20ol%EDmpicas.%A0%3C/em%3E%3C/span%3EEditorial%20Xerais%A0%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%20style%3D%22font-size%3A%200.85rem%3B%22%3E%29%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22exe-col%20exe-col-3%22%3E%0A%3Cfigure%20class%3D%22exe-figure%20exe-image%20position-center%20license-copyright%22%3E%3Cimg%20src%3D%22resources/be_water_aya.jpg%22%20alt%3D%22%22%20hspace%3D%22auto%22%20vspace%3D%22auto%22%20style%3D%22display%3A%20block%3B%20width%3A%20auto%3B%20height%3A%20200px%3B%20margin%3A%20auto%3B%22%20/%3E%0A%3Cfigcaption%20class%3D%22figcaption%22%3E%3Cspan%20class%3D%22author%22%3EAnt%EDa%20Ya%F1ez%2C%20%3Cem%3EBe%20water.%20%3C/em%3EEditorial%20Cuarto%20de%20Inverno%A0%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22license%22%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%3E%28%3C/span%3E%3Cspan%3ETodos%20os%20dereitos%20reservados%3C/span%3E%3Cspan%20class%3D%22sep%22%3E%29%3C/span%3E%3C/span%3E%3C/figcaption%3E%0A%3C/figure%3E%0A%3C/div%3E%0A%3C/div%3E%0A%3C/div%3E%0A%3C%21----comment%20node----%3E%0A%3Cdiv%20id%3D%22tooltip-tag-p0A65q95%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20id%3D%22widget-p0A65q95%22%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-previous%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-play%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-pause%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-stop%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-next%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3C/div%3E%0A%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21----comment%20node----%3E%0A%3Cdiv%20id%3D%22tooltip-tag-p0A65q95%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20id%3D%22widget-p0A65q95%22%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-previous%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-play%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-pause%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-stop%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3Cdiv%20class%3D%22tts-next%20tts-btn%20widget-icon%22%3E%3C/div%3E%0A%3C/div%3E%0A%3C%21--a%3D1--%3E","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":true,"evaluationID":"12345","id":"20251123191820-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Correcto. Esa non é a carta.","msgFalse2":"Incorrecto. Esa é a carta.","mgsClickCard":"Preme na carta","msgEndTime":"Rematou o tempo do xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
012345678

Se aínda non tes ideas, podes visitar a biblioteca. Alí, de seguro, atoparás a inspiración que precisas.

Créditos das portadas dos libros convidados a ler

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Detective Ferruchi

Lembras que fixeches unha descrición da biblioteca extraordinaria? Xa viches que a narración e a descrición son case inseparables. Ben, pois agora terás que facer unha narración descritiva do teu lugar favorito (do instituto, da túa casa, da cidade, da vila...). Esta tarefa forma parte do reto final. Pero antes escoita esta que fai Marta Villar na súa novela, servirache de inspiración:

Marta Villar, Detective Ferruchi (2024). Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-1110-591-0

Accede á transcrición do audio

Sol abriu a pechadura, levantou o enreixado e meteu a chave na porta da libraría. Cando acendeu as luces ocorreu de novo o milagre, o seu momento favorito de cada día: nacían os libros, estiraban os braciños, desadormecían e colocábanse ben dereitos e estricados nos andeis, ou ben deitados nas catro mesas daquel local, rodeados de xerras e floreiros xigantes de olaría de Buño, cheos de flores secas: ramallos de eucalipto, de carballo, de breixo, xesta, loureiros, pequenos grupiños de romeu e lavanda. Había tamén floreiros con flores frescas: hortensias e rosas das que nacen nos valados.

Sol Cortés, coma sempre, inspirou con forza ao entrar e encheuse do aroma a bosque. Á esquerda estaba a caixa rexistradora, o TPV e o ordenador sobre unha mesa de madeira rústica e detrás unha cadeira xiratoria con respaldo. Había un vaso con tulipáns amarelos moi pechadiños, que aínda non espertaran, e un caderno grande xunto ao teclado. Á beira da porta, o grande escaparate que se interrompía ao chegar á esquina e logo retomaba o seu percorrido seguindo a fachada lateral.

A libraría daba a dúas rúas no corazón daquela vila chamada Umeiro, a menos de cincuenta metros da Casa do Concello, a praza, o parque, o mercado, todo no mesmo recadro. As mesas de libros e flores e algúns andeis baixos guiaban os pasos dos clientes que entraban, obrigaban a seguir un determinado itinerario. Todo era flora naquel lugar.

Contra o fondo do local había unha cadeira de brazos e un sofá de dúas prazas rodeando unha mesa baixa, na zona onde estaban os libros para máis cativos. Ata montara un iglú que lles encantaba, con luces e amuletos colgados dentro, un refuxio onde se sentían seguros, a salvo, no seu propio mundo, independentes dos maiores, só eles, os libros e algún amigo ou amiga con quen querían compartir o espazo e a maxia. Nesa zona tamén era onde estaba o pequeno cuarto de baño. Menos mal que instalara un sistema de aire acondicionado, aínda que lle subira moito o orzamento. Con aquel verán eterno que se vivía nese ano en Galicia, sería imposible resistir dentro dun espazo cheo de madeira e papel.

Marta Villar, Detective Ferruchi (2024). Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-1110-591-0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)