Aprende

Nun programa literario, sexa de radio ou de televisión, cada membro do equipo ten un papel fundamental para que o programa saia perfecto.
A locutora fala directamente coa audiencia e fai as entrevistas. Mentres, a persoa técnica de son controla todo o que ten que ver co audio (música, efectos, son...) para que todo se escoite correctamente.
Todo o que vai saír está revisado pola persoa editora de contido (textos, audios, imaxes...) para que sexan coherentes e de calidade. O guión (diálogos, escenas...) está escrito polos guionistas. Quen se ocupa da coordinación de todo o equipo, os horarios e prepara o material entre outras moitas tarefas é o asistente de edicións.
Como en todo traballo en equipo a colaboración é esencial e cadaquén contribúe ao éxito desenvolvendo a súa función. Ti e o teu equipo tes que seguir o exemplo para repartirdes as funcións do reto segundo os vosos intereses e preferencias.
Lectura facilitada
Nun programa literario traballan varias persoas. Cada persoa ten unha tarefa.
A locutora fala coas persoas que escoitan. Tamén fai entrevistas.
A persoa de son encárgase do audio. Pon a música e os efectos. Fai que todo se escoite ben.
A persoa editora revisa o traballo. Revisa textos, audios e imaxes.
Os guionistas escriben o que se vai dicir.
O asistente organiza o grupo.
Prepara o material.
Traballar en equipo é importante.
Todas as persoas colaboran.
Así o programa sae ben.