Saltar navegación

1.1. O novo programa

O programa

O grupo de Sabela xa está traballando. Agora tócache a ti. Nesta aventura crearás un programa xunto ao resto da clase, mais non será de radio coma o de Sabela. Entre todos traballaredes diferentes seccións para crear un espazo literario, nel falaremos de libros, de música, de poesía, de países lusófonos, da importancia dos acentos... Realizarás o proxecto completo, con guionistas, presentadores, persoas que entrevistan... Parece moito traballo, pero verás como non é así. Vaiche encantar o proceso e o resultado.

O teu propio programa!

Liches ben. Vas realizar un programa literario de entretemento e en directo.

Lectura facilitada

Vas crear un programa coa túa clase.
Cada persoa fará unha tarefa diferente.
O programa será sobre temas literarios.

Falaredes de:

  • libros,
  • música,
  • poesía,
  • países lusófonos e
  • acentos.

Haberá guionistas, presentadores e persoas que entrevistan.

O programa será en directo.

Pero que é iso dun programa literario?

O programa literario é un conxunto de actividades divertidas e creativas que nos axudan a aprender sobre historias, libros e autoras, e tamén nos invitan a imaxinar, escribir e compartir as nosas propias ideas.

É como unha aventura con palabras, onde lemos, inventamos personaxes, xogamos, creamos historias e descubrimos novos mundos a través da literatura.

Espazos literarios

Existen programas que falan de libros, como os que fan en Nós televisión

Recitar un poema

Tamén podes ver exemplos de lecturas de textos diferentes, como poemas, textos narrativos... Escoita a Alicia Fernández recitar un poema do libro Mamá Pelícano.

Programa literario

Entre os programas que se dedican á literatura non podes deixar de botar unha ollada ao Léocho da Galega.

Lectura facilitada

Un programa literario ten actividades divertidas.

Nun programa literario lemos. Falamos de libros e de historias. Tamén imaxinamos, escribimos ideas e creamos personaxes.

É unha aventura con palabras.

Hai programas que falan de libros. Por exemplo, en Nós televisión.

Tamén se len textos. Hai poemas. Hai historias.

Podemos escoitar persoas ler. Por exemplo, Alicia Fernández. Ela le un poema do libro Mamá Pelícano.

Hai máis programas de literatura. Un exemplo é Léocho da Galega.

Apoio visual

mapa conceptual sobre a creación dun programa literario.
Creación propia. Proxecto cREAgal. apoio visual1.1

Que terás que facer?

  1. Repasar contidos que xa viches. Para poder prepararte para o reto.
  2. Aprender novos conceptos. Así poderás extraer moitos dos contidos para o programa literario que tes que realizar como reto.
  3. Prepararte para o reto. Ir recompilando as tarefas que van formar parte do programa e seleccionalas.
  4. Organizarte con toda a clase: repartir as funcións que cadaquén vai ter dentro do programa, elaborar o guión, ensaiar e ao aire!

Lectura facilitada

1. Repasar.

2. Aprender os novos conceptos.

3. Escoller as tarefas que irán no reto.

4. Organizarte co resto do equipo.

Que vas aprender?

Repasarás algúns dos contidos do curso pasado:

  • A acentuación.
  • A descrición.
  • A poesía...

Ampliarás contidos que xa coñeces:

  • A narración.
  • A acentuación diacrítica.
  • Os adverbios.
  • As interxeccións...

Lectura facilitada

Repasarás os contidos do curso pasado:

  • A acentuación.
  • A descrición.
  • A poesía...

Aprenderás máis sobre contidos que xa coñeces:

  • A narración.
  • A acentuación diacrítica.
  • Os adverbios.
  • As interxeccións...
     

Que conseguirás?

Ao rematares, poderás:

  • Entender (coñecerás máis a narración).
  • Socializar (traballarás en equipo).
  • Respectar (coñecerás máis polo miúdo a lingua portuguesa).
  • Coñecer (achegaraste máis á lírica).

Lectura facilitada

Cando remates poderás:

  • Entender mellor a narración.
  • Traballar mellor en equipo.
  • Coñecer máis a lingua portuguesa.
  • Saber máis sobre a poesía.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)