En 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible,. A Axenda concrétase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, desde a eliminación da pobreza ata o combate ao cambio climático, a educación, a igualdade da muller, a defensa do medio ambiente ou o deseño das nosas cidades.Un deses obxectivos é a redución das desigualdades, que ninguén quede atrás. As desigualdades baseadas nos ingresos, o xénero, a idade, a dis-capacidade, a orientación sexual, a raza, a clase, a orixe étnica, a relixión e a oportunidade seguen persistindo en todo o mundo, ameazando o desenvolvemento social e económico futuro.Nun mundo globalizado, todo e todos estamos interconectados: os problemas e desafíos, as desigualdades, pobreza, os movementos migratorios, o cambio climático … Por tanto, a desigualdade aféctanos a todas e a todos, con independencia de quen somos ou onde vivimos. Ante esta situación, é clave a posición non só da cidadanía senón tamén dos gobernos e as políticas internacionais, a nivel global, na loita contra a pobreza, a fame, facer máis inversións en educación e saúde, desenvolver a protección social e laboral. Deste xeito podemos mellorar a igualdade de oportunidades, o que levará á redución da(s) desigualdade(s)