1.2.- A ACTIVIDADE PESQUEIRA.Na pesca englóbanse as actividades adicadas á obtención de produtos mariños (peixe, marisco, algas …) en mares, ríos e lagos. A actividade pesqueira máis importante é a mariña, na cal podemos distinguir diferentes tipos:- Artesanal ( tradicional, costeira,… ) ou industrial ( barcos factoría,de altura,…. )- De baixura ( diaria, costeira ), de altura ( días ou semanas lonxe da costa ) e de gran altura (meses de duración en caladoiros moi afastados en buques factoría)