Que é o diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.
Lectura facilitada
O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias de dentro e fóra da aula
Desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Segue as indicacións do teu profesor ou da túa profesora para cubrilo.
No diario de aprendizaxe ten actividades individuais e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte,
compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo
e conseguir o reto proposto.