Saltar navegación

5.4. Actividade complementaria

Creando unha carballeira

A plantación de árbores autóctonas é clave para a rexeneración do bosque galego.

En Galicia, os carballos son un símbolo de identidade. As carballeiras son lugares tradicionais para a celebración de festas populares e romarías.

Pensade, en coordinación co voso docente, onde ides realizar a plantación dos carballos.

  1. Organizade unha saída dende o centro educativo. Podedes buscar cooperación con entidades ambientais da zona ou asociacións sobre a protección do medio ambiente, que axuden na xestión de onde realizar a plantación de árbores.
  2. Sacade fotos da xornada. Unha exposición do proceso será un bo recordo da vosa pegada medioambiental.
  3. Reciclade os elementos da escultura. Na elaboración da escultura o único elemento natural salvable é o carballo. Os demais obxectos deben ser reciclados nos contedores correspondentes. Sentídevos responsables de fomentar unha pegada ecolóxica positiva nos lugares de onde foron extraídos.

Lectura facilitada

A plantación de árbores autóctonas é clave para a rexeneración do bosque galego.

En Galicia, os carballos son un símbolo de identidade.

As carballeiras son lugares tradicionais para a celebración de festas populares e romarías.

Pensade, en coordinación co ou coa docente, onde ides realizar a plantación dos carballos.

Organizade unha saída dende o centro educativo.

Podedes buscar cooperación con entidades ambientais da zona.

Tamén con asociacións sobre a protección do medio ambiente.

Poden axudar na xestión de onde realizar a plantación de árbores.

Sacade fotos da xornada.

Unha exposición do proceso será un bo recordo da vosa pegada medioambiental.

Reciclade os elementos da escultura.

Na elaboración da escultura o único elemento natural salvable é o carballo.

Os outros obxectos deben ser reciclados nos contedores correspondentes.

Sentídevos responsables de fomentar unha pegada ecolóxica positiva nos lugares de onde foron extraídos.

Coñeces a Wangari Maathai?

Foto da cara de Wangari Maathai

Wangari Maathai foi unha activista medioambiental africana fundadora do Movemento Cinturón Verde. O seu obxectivo era loitar contra a deforestación e a degradación do solo. Para iso, restauraría o ecosistema orixinal plantando árbores, de xeito que se frearía a erosión e as comunidades rurais poderían ter leña e auga limpa.

A loita polos recursos naturais é a causa de moitas guerras. Por iso, protexer o medio ambiente é, en realidade, protexer a paz. Wangari recibiu en 2004 o Premio Nobel da Paz polas súas accións en defensa da natureza e a posta en valor do labor da muller. 

Pequenos xestos como plantar a árbore correcta no lugar correcto, pode contribuír á mellora da sociedade e do planeta.

Investiga máis sobre ela e coñece outros activistas que traballaron ou traballan en prol da defensa do medio ambiente.

Lectura facilitada

Wangari Maathai foi unha activista medio-ambiental africana.

Foi fundadora do Movemento Cinturón Verde.

O seu obxectivo foi loitar contra a deforestación e a degradación do solo.

Restauraría o ecosistema orixinal plantando árbores.

Así se frearía a erosión.

As comunidades rurais poderían ter leña e auga limpa.

A loita polos recursos naturais é causa de moitas guerras.

Protexer o medio ambiente é protexer a paz.

Wangari recibiu en 2004 o Premio Nobel da Paz.

Premiárona polas súas accións en defensa da natureza.

Tamén pola posta en valor do labor da muller. 

Pequenos xestos como plantar unha árbore pode contribuír á mellora da sociedade e do planeta.

Investiga máis sobre Wangari.

Coñece outros activistas que traballaron ou traballan en prol da defensa do medio ambiente.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)