Saltar navegación

4.2. A nosa escultura

 

Glosario

Sintetizar

Catro bolsas de lixo que pasan a unha

Definición:

Expoñer de xeito resumido o esencial.

Exemplo:

O xornalista sintetizou o programa para a súa audiencia.

Terceira sala do museo

Escultura dun carballo con material reciclado na que aparecen os contidos do reto.

Este reto configurará a terceira sala do noso museo! Chegou a hora de dar forma a todo o aprendido a través da creación dunha escultura e dunha tarxeta identificativa. Para elaborar cada unha destas partes tede en conta o seguinte. 

Contidos

Cada grupo deberá elaborar unha escultura natural con materiais de refugallo, como metáfora visual do contido correspondente:

Cambio climático

Deforestación

Desertización

Contaminación

Perda da biodiversidade

Colocade minuciosamente os elementos principais, sen esquecer o carballo.

Tarxeta explicativa

Ao pé da escultura, deberá estar exposta unha tarxeta explicativa que reúna os seguintes puntos:

  1. Título da obra.
  2. Contido específico correspondente ao grupo.
  3. Listaxe de materiais de refugallo empregados, xunto co lugar de extracción.
  4. Código QR que albergue o resumo do que representa.

» Etiqueta escultura.odp (editable).

Lembrade que a arte é un xeito de reivindicación! 

Como acontecía no reto anterior, esta obra tamén dispón dunha ficha técnica:

» Ficha técnica. odt (editable).

» Ficha técnica.pdf (nova xanela).

Creación de códigos QR

O código QR é unha ferramenta empregada para almacenar datos de forma dixital a través dunha ligazón.

Como crealo? A través do programa QtQr da maqueta Abalar. 

Para abrilo, tes que ir a: Menú aplicativos > gráficos > QTQR.

No seguinte vídeo explícase paso a paso como crear un QR con este programa.

Organización / Presentación da sala

Chega o momento de colocar a vosa escultura na sala 3 do museo!

Debedes decidir cal será o espazo empregado para cada grupo e establecer as quendas para que todas as persoas participantes teñan tempo de coñecer cada unha de elas.

Logo da sesión de apertura, é recomendable unha reflexión grupal: Cal é a aprendizaxe que se extrae do reto?

» Rúbrica avaliación do reto.odt (editable).

» Rúbrica avaliación do reto.pdf (nova xanela).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)