Arte sostible
A arte sostible ou arte da reciclaxe refírese á práctica de crear obras a partir de materiais de refugallo, como se amosou na fase 1. Esta forma de arte tenta concienciar sobre a importancia da sostibilidade e do coidado cara ao medio ambiente.
Non se trata dun concepto novidoso: xa en tempos antigos, os artistas buscaban xeitos de reutilizar materiais. Pero non foi ata o século XX cando esta práctica comezou unha andaina máis significativa, impulsada por novos movementos artísticos como o surrealismo (onde o emprego de obxectos cotiáns se convertía nunha crítica social). Case calquera obxecto considerado lixo, podía transformarse nunha obra mestra.
No ano 1995 nace en Barcelona a corrente Drap-Art, como festival de arte sostible que transforma materiais de refugallo en obras creativas, promovendo a conciencia ambiental. Accede á galería de fotos na seguinte ligazón: Drap-Art España.
Tamén vos convidamos a que busquedes información sobre Robert Rauschenberg e visualicedes algunha das súas obras.
Preparadas e preparados para crear? Adiante!
Lectura facilitada
A arte da reciclaxe refírese á práctica de crear obras a partir de materiais de refugallo.
Esta forma de arte tenta concienciar sobre a importancia da sostibilidade.
Tamén do coidado cara ao medio ambiente.
Non é un concepto novidoso.
En tempos antigos os artistas buscaban xeitos de reutilizar materiais.
No século XX (vinte) esta práctica fíxose máis significativa.
Impulsouse por novos movementos artísticos como o surrealismo.
No surrealismo empréganse obxectos cotiás como crítica social.
Case calquera obxecto considerado lixo se transforma nunha obra mestra.
No ano 1995 (mil novecentos noventa e cinco) nace en Barcelona a corrente Drap-Art.
Faise un festival de arte sostible.
A arte sostible transforma materiais de refugallo en obras creativas.
Promove a conciencia ambiental.
Accede á galería de fotos na seguinte ligazón: Drap-Art España.
Tamén podes buscar información sobre Robert Rauschenberg.
Podes visualizar algunha das súas obras.
Preparadas e preparados para crear?
Adiante!