Produto ou actividade que non é prexudicial para o medio ambiente.
Exemplo:
Para frear o cambio climático deberiamos empregar produtos ecolóxicos.
Forestal
Definición:
Relativo ao bosque.
Exemplo:
Polo camiño forestal atópanse algúns cogomelos.
Indíxena
Definición:
Nativo da poboación orixinal dun lugar colonizado.
Exemplo:
Protexer a poboación indíxena debería ser unha obriga.
Soia
Definición:
Semente semellante a unha faba, da que se extrae aceite.
Exemplo:
A soia cultívase a altas temperaturas.
As ameazas do medio ambiente
O brote do Carballo Ventureiro ía medrando paseniño, e con el a teima de quedar sen fraga. Xa vivira iso: a queima do monte.
Os nosos bosques son lugares cheos de vida, pero se non os coidamos enfróntanse a riscos que comprometen a súa supervivencia. Neste apartado coñeceremos as principais ameazas e como frealas. Coidar o planeta é un deber e á vez un dereito.
En cada un dos seguintes apartados afondarás nas problemáticas ambientais que máis preocupan hoxe en día e que se corresponden coas temáticas dos vosos grupos de traballo escollidas na fase 1.
Lectura facilitada
O pequeno carballo medraba pouco a pouco.
O carballo tiña medo de quedar sen fraga.
O carballo xa vira o monte arder.
Os nosos bosques teñen moita vida.
Hai moitos perigos que afectan aos bosques.
Temos que coidar os bosques para evitar que desaparezan.
Nesta parte coñecerás cales son as ameazas para o bosque.
Aprenderás tamén como parar eses perigos.
Coidar o planeta é o noso deber e o noso dereito.
Audio
A deforestación do Amazonas
Un dos problemas ecolóxicos máis graves da actualidade é a deforestación do Amazonas. Trátase da selva máis grande do mundo e por tanto un dos pulmóns do planeta, sendo o seu papel clave para regular o clima global. Ademais, alberga cerca do 30 % da biodiversidade mundial e é o fogar de culturas indíxenas. A comunidade científica advirte que se o ecosistema perde entre o 20 % e o 25 % da selva orixinal podería converterse nunha sabana, chegando a un punto de non retorno. Agora, xa se superou o 18 % de perda dos bosques.
Ser consciente do que acontece no mundo esperta o teu desexo de coidado e motívate para adoptar compromisos respectuosos coas persoas, os animais e o planeta. Coñeces algunha problemática ambiental actual? Cal?
Lectura facilitada
A selva do Amazonas ten un problema moi grave.
Esta selva está perdendo moitas árbores.
Esta selva axuda a que o clima de todo o planeta sexa o adecuado.
Alí viven moitos animais e plantas.
Tamén moitos pobos indíxenas.
Os científicos din que a selva está en perigo.
Unha parte da selva desapareceu.
Se desaparecen máis árbores a selva será un deserto.
Saber estas cousas axuda a coidar máis o planeta.
Coidar a Terra axuda as persoas e os animais.
Coñeces algún outro problema da natureza?
Cal é ese problema?
Audio
Os ODS
Unha das ferramentas para loitar en contra das ameazas ambientais son os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030.
Os ODS son unha serie de compromisos relacionados coa mellora do mundo a alcanzar por todos os países membros das Nacións Unidas antes do ano 2030. Estes caracterízanse por:
Marcar obxectivos medibles: metas a acadar nun prazo determinado.
Facilitar o acceso a axudas económicas.
Fomentar a colaboración entre o goberno e as empresas.
Impulsar novas leis.
Concienciar e educar a cidadanía.
Coñecías os ODS? Observa o cadro e comenta co resto da clase que pensas que se pretende con cada un deles. Con que problemática ambiental estaría relacionado cada obxectivo? Por que?
Na páxina das Nacións Unidas podes ler en que consiste cada un, a súa importancia, as consecuencias e as posibles medidas a levar a cabo.