Saltar navegación

3.7. Diario de aprendizaxe

Carballo Ventureiro

Ao albor, descubriuse unha folla preguiceira. As raíces fendían a terra da bota, asentando a vida do carballo. Endexamais unha guerra trouxera tanta fortuna: o nacemento dun novo comezo.

 Unha bota cun carballo dentro.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Chegou o momento de cubrir os apartados da fase 3 do teu diario de aprendizaxe.

Recorda responder correctamente as preguntas tendo en conta o desenvolto nesta fase. É o momento de reflexionar e valorar todo o aprendido: as ameazas aos nosos bosques e as posibles solucións serán o tema central, sen obviar pequenas pinceladas de aspectos culturais relacionados coa temática.  

Imos aló!

Accede aquí ao teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

É momento de cubrir os apartados da fase 3 do teu diario de aprendizaxe.

Recorda responder correctamente as preguntas.

Ten en conta o desenvolto nesta fase.

É o momento de reflexionar e valorar todo o aprendido:

- As ameazas aos nosos bosques.

- As posibles solucións.

Imos aló!

Accede ao teu diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)