Atopa as diferenzas
Nesta segunda fase achegaraste aos montes galegos e ás especies que neles habitan para poder reflexionar sobre aquelas condutas que poñen en perigo este tesouro natural.
Poñerás a proba os teus coñecementos para establecer medidas de protección da natureza.
O Carballo Ventureiro comezou unha andaina polos montes galegos. Alí descubriu que Galicia ten unha paisaxe moi característica: a súa cor, os ríos que a percorren, as árbores...
Fíxate nestas dúas imaxes e reflexionade, entre todo o alumnado da aula, cal delas se corresponde co espazo que percorre o Carballo.

Lectura facilitada
Agora achegaraste aos montes de Galicia.
Pensarás sobre os comportamentos que son malos para o monte.
Proporás ideas para protexer a natureza.
O Carballo Ventureiro empezou a camiñar polos montes de Galicia.
Alí viu que Galicia ten unha paisaxe moi especial.
Viu as súas cores e os seus ríos.
Viu tamén moitas árbores diferentes.
Mira estas dúas fotos.
Pensa cal das fotos mostra o camiño do Carballo.
Comenta cos e coas demais.