Cambios na natureza, composición ou orixe dun elemento.
Exemplo:
Cando queimamos un monte, producimos unha alteración no ecosistema difícil de reparar.
Biodiversidade
Definición:
Diversidade de especies dun ecosistema.
Exemplo:
A biodiversidade da fraga inclúe tanto os animais que a habitan, como as plantas que medran nela.
Cambios no planeta
Tal e como explicamos anteriormente, a arte da reciclaxe supón un compromiso medioambiental. Debemos tomar conciencia da problemática que subxace na alteración do equilibrio natural. Estas modificacións do medio son causadas principalmente polas actividades humanas, afectando aos ecosistemas e sostibilidade do planeta.
Entre os principais problemas destacan:
O cambio climático. Aumento da temperatura global e alteración de patróns climáticos debido á acumulación de gases de efecto invernadoiro.
Contaminación. Incluíndo a contaminación de aire, auga e chan.
Deforestación. Tala indiscriminada de montes.
Perda da biodiversidade. A destrución de hábitats, a contaminación e o cambio climático promoven a extinción de especies.
Escaseza de agua, con contaminación de ríos e lagos, xerando secas en poboacións vulnerables.
Acidificación de océanos, afectando a vida mariña e ecosistemas costeiros.
Lectura facilitada
A arte da reciclaxe axuda a coidar a natureza.
Os humanos cambiamos o medio coas nosas actividades.
Moitos destes cambios son malos para o planeta.
Estes son os problemas máis importantes:
Cambio do clima. A temperatura do planeta aumenta rapidamente.
Contaminación. O aire, a auga e a terra teñen moita sucidade.
Deforestación. As persoas cortan moitas árbores dos montes.
Perda de seres vivos. Moitos animais e plantas desaparecen.
Falta de agua. Ríos e lagos con augas sucias ou sen auga.
Cambios nos océanos. Moitos peixes morren.
Audio
Organización de equipos
Neste sentido, o reto ten que ter en conta a importancia de visualizar estes aspectos. A instalación exporá un contido concreto, seguindo un traballo grupal.
Formade cinco grupos, preferentemente os mesmos que no reto anterior. Teredes asignada unha cor, xunto cunha temática específica:
GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
GRUPO 4
GRUPO 5
Cambio climático
Deforestación
Desertización
Contaminación
Perda de diversidade
Audio
Plantando carballos!
Lembrades como naceu o Carballo Ventureiro? Unha landra caeu na bota dun soldado. Ese espazo de terra e humidade fixo medrar pouquiño a pouco a árbore deste conto.
Segundo os grupos establecidos, deberedes plantar tamén vós unha landra! O carballo que medre será o xerme da vosa escultura. Malia que soamente se precise unha para a elaboración do reto, será recomendable que plantedes máis de unha, posto que ás veces non prenden ben.
Ademais, unha vez finalizado o reto, cando pechemos o museo, esas plantiñas deberán de medrar nun monte: repoboar un espazo natural é a esencia desta actividade.
Na rede, hai unha morea de vídeos explicativos sobre como realizar esta actividade. Pero basicamente segue uns pasos moi sinxelos:
Escollede correctamente as landras. Seleccionade as de cor marrón escuro, sen presentar buracos nin estar roídas.
Deixádeas a remollo durante 24 horas ou gardádeas un día entre papel húmido para activar o proceso de xerminación.
Sementade preferiblemente en outono, nun testo ou semellante (podedes empregar un recipiente reciclado, que teña profundidade e drenaxe).
Mesturade terra de boa calidade con algo de area.
Deixade que medren nun espazo con luz directa.
Regade directamente mantendo a terra húmida pero non encharcada.
Lectura facilitada
Lembras como naceu o Carballo Ventureiro?
Unha landra caeu na bota dun soldado.
A bota tiña terra e humidade.
A árbore medrou pouco a pouco.
Agora vas plantar unha landra co teu grupo.
O carballo que medre será a vosa escultura.
É mellor plantar varias landras.
Ás veces as landras non medran ben.
Despois de rematar o reto plantaredes as árbores no monte.
Hai moitos vídeos en Internet para aprender a facelo.