Glosario
Refugallo
-
Definición:
-
Desperdicio que sobra dunha cousa.
-
Exemplo:
-
Os refugallos da comida serven para cultivar a horta.
Definición:
Desperdicio que sobra dunha cousa.
Exemplo:
Os refugallos da comida serven para cultivar a horta.
Como xa sabes, a área de Educación en Valores Cívicos e Éticos está configurada a través de tres recursos ou proxectos, que seguen un fío condutor: a creación dun museo. Xa completamos dúas salas e agora imos co último reto!
Neste proxecto o reto será elaborar unha escultura natural! Pero para iso vas afondar un chisco neste concepto. A escultura en si, é definida como un tipo de expresión artística na que se crean obras moldeando diversos materiais. Esta proposta implica que ditos materiais sexan de refugallo. O que se coñece como "arte da reciclaxe".
A arte da reciclaxe foi gañando cada vez máis sona no mundo da arte contemporánea. Neste contexto, a escultura, como xeito de transformación, permite aos e ás artistas dar unha nova vida a materiais de refugallo promovendo unha expresión sostible e comprometida. Ser capaces de converter en beleza e significado obxectos que teñen consideracións negativas é un gran desafío: transformar o ordinario en extraordinario.
Esta práctica non soamente fomenta conciencia ambiental, tamén convida a reflexionar sobre o impacto do ser humano no medio natural. Un acto de resistencia fronte ao consumismo inconsciente.
A área de Educación en Valores Cívicos e Éticos ten tres recursos.
Estes recursos seguen un fío condutor.
O fío condutor é crear un museo.
Xa completamos dúas salas.
Agora imos co último reto.
O reto é facer unha escultura natural.
A escultura é unha expresión artística.
Nela moldeamos diversos materiais.
Os materiais deben ser de refugallo.
Isto chámase "arte da reciclaxe".
A arte da reciclaxe gañou sona.
A escultura dá nova vida aos refugallos.
Promove unha expresión sostible.
Convertemos obxectos negativos en beleza.
É un gran desafío.
Transformamos o ordinario en extraordinario.
Esta práctica fomenta conciencia ambiental.
Convida a reflexionar sobre o impacto humano.
É un acto de resistencia ao consumismo.
Fíxate na seguinte imaxe e tenta dar resposta no teu caderno ás seguintes tres preguntas:
Se precisas ver a imaxe a maior tamaño, fai clic sobre ela.
A imaxe pertence á colección de "Mar de Fábula", unha asociación dedicada á limpeza de praias e conservación do ecosistema mariño.
Podes ver máis imaxes desta colección de arte a través da seguinte ligazón: "Mar de Fábula."
Mira a imaxe.

Agora responde estas 3 preguntas no caderno:
Que materiais de lixo ves na imaxe?
Que quere mostrar esta obra?
Pensas que os materiais teñen relación coa idea da obra?
A imaxe mostra restos da praia que forman unha escultura.
Esta foto é dunha colección sobre arte e lixo.
As obras desta colección son da asociación "Mar de Fábula".
Esta asociación limpa as praias e coida o mar.
Podes ver máis fotos na ligazón: Mar de Fábula.
A terceira das salas do noso museo exporá cinco esculturas, que serán presentadas por cada un dos grupos.
Cada escultura deberá reunir unhas características concretas:
A materia prima da obra serán materiais de refugallo: plásticos, teas, envases, gomas... E outros materiais naturais como pedras e paus, que atopes polo chan.
Deberá levar unha tarxeta explicativa que xustifique os contidos desenvoltos na obra, incluíndo os seguintes puntos:
Seguindo o fío condutor deste proxecto, a obra incluirá un carballo (resultado da plantación da landra) como elemento natural e metáfora da transformación artística: a natureza prevalecendo.
.png)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0