Influencia excesiva das persoas que exercen o control valéndose de privilexios.
Exemplo:
Os labregos protestaban contra o caciquismo do dono das terras.
Miseria
Definición:
Pobreza extrema.
Exemplo:
Cando era novo, pasou moita miseria.
Opresión
Definición:
Privación dos dereitos fundamentais dunha persoa.
Exemplo:
Loitou contra a opresión que exercía o seu xefe.
Misión: pobreza
Castelao (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao) definía a pobreza non só como fame, senón como unha inxustiza que racha a dignidade. A través dos seus relatos e ilustracións denuncia a miseria como resultado da explotación e do abandono social. As presións que o caciquismo exercía sobre a sociedade galega durante o século XX a través dos impostos e das leis, levou a moita xente a emigrar para poder prosperar. Castelao buscaba espertar a conciencia do pobo galego para loitar contra a opresión. Na imaxe aparecen recollidos carteis do álbum "Nós", unha das súas obras máis emblemáticas, formada por 50 debuxos complementados por breves textos nos que retrata a fame, a pobreza, as inxustizas e a emigración forzada.
Observa algunha das viñetas de Castelao nestes museos:
Hoxe en día segue a existir poboación en risco de exclusión ou pobreza. Quizais non vemos nenos e nenas cos pés descalzos, pero si familias que non poden acceder a unha vivenda (aumento dos prezos de alugueiro ou compra) ou afrontar gastos cotiáns. A precariedade laboral (contratos temporais ou salarios insuficientes) e o alto custo da enerxía (pobreza enerxética) son outras das preocupacións actuais.
Lectura facilitada
Castelao foi un artista e escritor de Galicia.
Castelao dicía que a pobreza é unha inxustiza moi mala.
A pobreza quita a dignidade ás persoas.
Castelao debuxaba a miseria causada polo abandono da sociedade.
No século XX (vinte) os homes con poder controlaban moito a xente.
Estes homes obrigaban a pagar moitos impostos.
Moita xente tivo que marchar de Galicia para poder vivir mellor.
Castelao quería que o pobo galego loitase contra esta opresión.
Castelao fixo un libro de debuxos moi importante chamado Nós.
Este libro ten 50 debuxos sobre a fame e a pobreza.
Tamén fala sobre as persoas que marchan do país obrigadas.
Podes ver algúns debuxos de Castelao nas ligazóns dos museos: