No libro, o autor fala sobre a homosexualidade dos protagonistas.
Represión
Definición:
Impedimento de manifestar algo de xeito natural.
Exemplo:
A represión de liberdades era algo moi habitual na época.
Xenitais
Definición:
Órganos sexuais externos.
Exemplo:
Emprega xabón neutro na hixiene dos xenitais.
Misión: orientación sexual e identidade de xénero
Andy Warhol, artista plástico e creador do pop art, integrou a identidade queer na súa obra, desafiando a represión social da súa época. Nos anos 50 creou unha serie de debuxos que representaban, de xeito afectuoso, a forma masculina, algo radical nun momento no que a homosexualidade estaba criminalizada nos Estados Unidos. Tamén converteu a mulleres trans e drag queens en protagonistas das súas obras. Honrar a memoria de artistas como Warhol implica comprometerse cunha sociedade que garanta que ningunha persoa sexa discriminada por a quen ama ou por quen é.
Hoxe en día o respecto á diversidade afectivo-sexual segue a ser unha necesidade humana para construír un mundo onde as persoas se poidan sentir máis libres e non ser xulgadas. As siglas LGTBI+ fan referencia ao colectivo de persoas con orientacións sexuais ou identidades de xénero diversas. Cada unha das letras fai referencia a un deles.
L (lesbiana): muller que sente atracción por outras mulleres.
G (gai): home que sente atracción por outros homes.
T (transxénero/transexual): persoa cunha identidade de xénero que non coincide coa asignada no nacemento.
B (bisexual): persoa que sente atracción tanto por persoas do mesmo xénero como diferente.
I (intersexual): persoas que nacen con características biolóxicas (xenitais, cromosomas...) que non encaixan coa definición típica de home ou muller.
Q (queer): persoa que non pode ser clasificado baixo etiquetas tradicionais.
+ (outras realidades): asexuais, pansexuais, non binarias etc.
A visibilización destes colectivos, o permiso de matrimonio, a educación nos centros educativos e as políticas de igualdade e non discriminación, son fundamentais.
Lectura facilitada
Andy Warhol foi un artista moi famoso dos Estados Unidos.
Andy Warhol creou un estilo de arte chamado pop art.
Nas súas obras ensinou que existen moitos tipos de amor.
Nos anos 50 fixo debuxos de homes en situacións afectivas.
Nese tempo era un delito que dous homes se quixesen.
Warhol tamén pintou a mulleres trans e drag queens.
El quería que estas persoas fosen as protagonistas.
Recoñecer a obra de artistas como Warhol axuda a ter unha sociedade mellor.
Ninguén debe ser tratado mal por a quen ama ou por quen é.