Saltar navegación

Misión: diversidade cultural

 

Glosario

Etnia

Persoa que representa os íberos, pobos prerromanos que habitaron na penísula ibérica.

Definición:

Conxunto de individuos que comparten caracteres comúns.

Exemplo:

En África hai diferentes etnias que conviven felizmente.

Exilio

Persoa marchando

Definición:

Separación dunha persoa da terra en que vive.

Exemplo:

Algúns galegos padeceron o exilio por motivos políticos.

Xenofobia

Persoa enfadada

Definición:

Rexeitamento cara aos estranxeiros.

Exemplo:

A xenofobia imposibilita a paz entre as persoas.

Misión: diversidade cultural

Maruja Mallo é símbolo da loita contra os prexuízos de orixe racial. A través das súas obras tentou dignificar a aqueles colectivos que a sociedade marxinaba pola súa orixe humilde. Pintaba as mulleres traballadoras, as mariscadoras e os campesiños como deuses. Durante o seu exilio en América pintou rostros de mulleres de diferentes etnias coa mesma xeometría perfecta, transmitindo a mensaxe de que a beleza e a dignidade son iguais en todo o planeta. 

Coñece máis sobre a obra de Maruja Mallo nesta ligazón: Museo Reina Sofía.

Que pasa hoxe?

Na actualidade, a orixe dunha persoa segue a ser un factor determinante para a súa exclusión ou éxito. Os prexuízos, as desigualdades no acceso á educación e a formación; a perpetuación das clases sociais e a explotación da inmigración son algunhas das causas que provocan o racismo ou a xenofobia. Isto leva á creación de barrios gueto, á segregación, aos discursos de odio e á violencia. Para promover a igualdade social necesítanse máis políticas públicas a favor da equidade que garantan o dereito á vivenda, sanidade e educación, a representación dos diferentes grupos étnicos-culturais nas institucións públicas e privadas e a denuncia de calquera caso de discriminación racial ou cultural.

Lectura facilitada

Maruja Mallo é un símbolo contra os prexuízos pola orixe das persoas.

Maruja axudou coas súas obras as persoas que a sociedade apartaba.

Ela pintaba as mulleres traballadoras como se fosen deusas.

Tamén pintaba así as mariscadoras e os campesiños.

Maruja tivo que marchar a vivir a América.

Alí pintou rostros de mulleres de moitas razas diferentes.

A súa mensaxe é que a beleza e a dignidade son iguais en todo o mundo.

Podes coñecer máis sobre a súa obra na ligazón ao Museo Reina Sofía.

Hoxe en día a orixe dunha persoa aínda decide se ten éxito ou non.

Os prexuízos e a falta de estudos provocan o racismo.

Tamén provoca racismo o mal trato ás persoas que veñen de fóra.

Isto crea barrios onde a xente vive apartada.

O racismo tamén provoca mensaxes de odio e moita violencia.

Para ter igualdade social precísanse normas que axuden a todos.

Os gobernos deben asegurar estes dereitos:

  • Dereito a unha vivenda.
  • Dereito á sanidade.
  • Dereito á educación.

As institucións deben contratar persoas de todas as culturas.

Debemos denunciar calquera caso de discriminación por raza ou cultura.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)