Saltar navegación

4.3. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns! O grupo chegou ata o reto final. 

Foron días de traballo, de aprendizaxes e de momentos compartidos para mellorar a vosa capacidade de empatía e de diálogo. A satisfacción que queda tras un traballo ben feito, no que todo o grupo está implicado contribúe a desenvolver as competencias e ser capaces de resolver situacións similares. 

Reflexiona no teu diario sobre as dificultades atopadas para a consecución do reto e as aprendizaxes adquiridas durante o proceso. 

Accede aquí ao teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Foron días de traballo co teu grupo.

Cos momentos compartidos mellorades a capacidade de empatía e diálogo.

A satisfacción chega co traballo ben feito.

O traballo sae ben cando todo o grupo está implicado.

Desenvolvedes competencias.

Aprendedes a resolver situacións similares.

Agora pensa no teu diario sobre o reto.

Escribe que cousas foron difíciles para ti.

Escribe que cousas novas aprendestes neste tempo.

Preme na ligazón para entrar no teu diario.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)