Saltar navegación

2. Facendo a equipaxe

A miña maleta

Maleta vella debuxada

Nesta segunda fase, decataraste da importancia dos piares que constitúen o núcleo afectivo.

Se tiveses que deixar atrás o lugar onde vives, que levarías de equipaxe? 

Escribe nun folio dúas cousas que che gustaría poder levar contigo. Compartide as vosas ideas e expoñede por que son importantes para vós. 

Lectura facilitada

Nesta segunda parte entenderás que cousas son importantes para ti.

Estas cousas son a base dos teus sentimentos.

Imaxina que marchas a vivir lonxe da túa casa.

Que cousas levarías na túa maleta?

Escribe nun papel dúas cousas que queres levar contigo.

Conta aos teus compañeiros e compañeiras as túas ideas.

Explica por que estas cousas son moi importantes para ti.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)