Saltar navegación

1.2. O reto

 

Glosario

Latente

Reloxo marcando as 12.

Definición:

Que non se manifesta de xeito explícito, permanecendo oculto.

Exemplo:

Os inimigos mirábanse coa ameaza latente dos dous bandos.

Instalación artística

Tal e como expuxemos con anterioridade, a materia de Educación en Valores Cívicos e Éticos está configurada a través de tres REA, que seguen un fío condutor: a creación dun museo. Xa completamos as nosas pinceladas de emocións, e continuamos co segundo reto!

Nesta unidade, elaboraremos unha instalación artística! Pero para iso, debemos afondar un chisco neste concepto.

A instalación artística é un xénero contemporáneo que transforma un espazo a través da disposición de elementos, promovendo a interacción do espectador.

Na seguinte ligazón, poderás pescudar sobre a súa orixe e características: Historia da instalación.

Fíxate como fan pasiño a pasiño unha instalación: Algúns exemplos.

Lectura facilitada

A materia Educación en Valores Cívicos e Éticos está formada por tres REA.

Os REA seguen un mesmo tema.

O tema é a creación dun museo.

O primeiro REA foi sobre as emocións.

Agora comezas o segundo REA.

Neste REA vas facer unha instalación artística.

Unha instalación artística consiste en modificar un espazo colocando obxectos.

As persoas poden interactuar con este espazo.

Preme na ligazón para saber máis sobre a historia da instalación.

Ou mira exemplos de como se fai unha instalación paso a paso.

A nosa instalación

A historia de Sadako reflicte as consecuencias que menos imaxinamos dunha guerra: o conflito segue latente co paso do tempo, dun xeito ou de outro. Malia que sempre medre a esperanza.

Coa lenda das mil grúas reflexionamos sobre o desastre de Hiroshima. Pero por desgraza, somos coñecedores e coñecedoras da historia máis recente: milleiros de persoas fuxindo dun país para sobrevivir.

A nosa instalación, quere poñer de manifesto esa migración, o medo a deixar atrás todo o coñecido en prol dunha nova vida.

A través dunha maleta, representaremos esta realidade. Cal será a equipaxe? Descubrirémolo segundo avance o reto.

Maleta aberta con libros dentro e grúas de papel que saen dela voando. Á dereita explicacións sobre o reto.

Lectura facilitada

A historia de Sadako ensina os danos dunha guerra.

Estes danos seguen presentes moito tempo despois.

Pero a esperanza sempre medra.

A lenda das mil grúas serve para pensar no desastre de Hiroshima.

Hoxe en día moitas persoas foxen do seu país para sobrevivir.

A nosa obra de arte quere ensinar estas viaxes.

Amosar o medo a deixar o fogar para buscar unha vida nova.

Imos usar unha maleta para ensinar esta realidade.

Ti vas descubrir que hai dentro da maleta durante o reto.

Cada equipo escolle unha temática cunha cor.

Da maleta saen grúas de papel desa cor.

As grúas de todos os alumnos e alumnas mestúranse no teito.

Cada maleta ten información sobre o tema do grupo con:

  • Recortes de xornais ou fotos ou cadros.
  • Información sobre organizacións que axudan ás persoas.
  • Audio que explica o traballo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)