Que é o diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.
Lectura facilitada
O diario de aprendizaxe serve para escribir as túas experiencias.
Podes escribir experiencias da aula ou de fóra da aula.
O diario axuda a pensar sobre o que fas.
O diario axuda a aprender mellor.
Debes cubrir o diario segundo as indicacións do profesor.
O diario axuda a valorar o teu progreso.
Cada persoa cobre o seu diario.
O diario ten actividades individuais.
O diario ten actividades en grupo.
O diario axuda a que te avalíes a ti mesmo.
O diario axuda a compartir información co grupo.
O diario axuda a conseguir o reto.