Saltar navegación

5.3. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Chegamos ao final!

Antes de despedirnos, volve a vista atrás e pensa como estaba Lenzo cando comezou e como rematou. Terás ti a mesma cantidade de cores?  No futuro, grazas a esta reflexión, poderás adaptarte mellor a outras situacións de aprendizaxe diferentes.

Pois ben, agora toca facer as últimas reflexións na fase 5 do teu diario de aprendizaxe, onde terás que encher as cuestións da avaliación do proxecto e facer propostas de mellora ao mesmo.

Accede aquí ao teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Chegas ao final.

Agora miras cara a atrás.

Pensas como estaba o lenzo ao comezo.

Pensas como está o lenzo agora.

Miras as cores do lenzo.

Comparas as cores do comezo e do final.

Fas unha reflexión sobre o teu proceso.

Esta reflexión axúdache na aprendizaxe.

Esta reflexión axúdache noutras situacións.

Agora fas as últimas reflexións.

Estas reflexións están na fase 5 do diario de aprendizaxe.

Enches as preguntas da avaliación do proxecto.

Fas propostas de mellora do proxecto.

Estas respostas e propostas escríbeas no teu diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)