Saltar navegación

5.2. Rúbrica

Coavaliación do reto

A coavaliación é o proceso educativo no que tedes que avaliar o traballo dos compañeiros e compañeiras, promovendo unha aprendizaxe colaborativa. Este enfoque permite desenvolver habilidades críticas, fomentando a retroalimentación de coñecementos.

Chega o momento de avaliar o traballo realizado! Cubride a seguinte rúbrica coa maior obxectividade posible, xulgando correctamente o proceso.

» Rúbrica coavaliación do reto.odt (editable)

» Rúbrica coavaliación do reto.pdf (nova xanela)

Rúbrica

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodas as persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando os/as demais. (4)A maior parte das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando os/as demais. (3)A metade das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre elas. (2)Só unha persoa do equipo (ou ningunha) participou de xeito activo nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre elas. (1)
Distribución das tarefasAs tarefas repartíronse de xeito equitativo entre todas as persoas do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de xeito equitativo entre as persoas do equipo. (3)Só a metade das tarefas se repartiron de xeito equitativo entre todas as persoas do equipo. (2)Houbo un reparto moi desigual das tarefas entre as persoas do equipo. (1)
Integración entre as persoas do equipoDurante a realización de todas as tarefas, as persoas do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións das demais persoas e foron quen de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas, as persoas do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron as demais persoas e foron quen de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas, só a metade das persoas do equipo expresaron libremente as súas opinións, escoitaron as das demais persoas e lograron chegar a un acordo. (2)Durante a realización das tarefas, só unha persoa do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e impúxose a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodas as persoas do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección coas súas responsabilidades. (4)A maior parte das persoas do equipo exerceron as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (3)Só a metade das persoas do equipo exerceron ben as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (2)Só unha persoa do equipo (ou ningunha) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

CEDEC (Tradución ao galego proxecto cREAgal). Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)