Saltar navegación

5.1. Autoavaliación

Autoavaliación

Para autoavaliarte, é necesario que reflexiones sobre o traballado neste tempo. Que é aquilo no que presentas máis dificultades? E no que menos? Que foi o que máis che gustou?

Revisa o seguinte esquema e cubre a lista de control para dar conta do aprendido.

» Autoavaliación.odt (editable).

» Autoavaliación.pdf (nova xanela).

Visualiza o percorrido

Fase 1

Identificando emocións

  • Introdución das emocións como parte esencial na natureza do ser humano.
  • Museo como espazo de exposición do reto.
  • Presentación do reto: creación dunha obra a través da técnica de colaxe.
  • Organización de grupos respectando as cinco emocións básicas.

Fase 2

Activando emocións

  • Detección de coñecementos previos.
  • Relación das emocións co cerebro.
  • O autoconcepto e a autoestima.
  • Definición de dilema moral.

Fase 3

Construíndo pensamentos

  • Concepto de identidade como proceso dinámico influenciado pola xenética e o ambiente de desenvolvemento.
  • Riscos das redes sociais sobre a autenticidade persoal.
  • As diferenzas persoais como esencia da personalidade.
  • Definición de empatía e dignidade.
  • O acoso escolar identificado a través de tres características: repetición, intención e poder.
  • Reforzo das normas do debate: conciencia da liberdade de expresión.

Fase 4

Arte que emociona

  • Creación da obra de xeito individual.
  • Composición grupal e reflexión do conxunto.
  • Exposición da obra de arte.

Fase 5

O noso museo

  • Visitamos a primeira sala do noso museo?
  • Avaliación do proceso.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)