Saltar navegación

4.2. Diario de aprendizaxe

Lenzo en branco

Lenzo coloreado. Con ollos, mans, pernas e pés

Nestas semanas descubrín unha emoción nova. Teño moitas ganas de formar parte do voso museo, xuntarme preto doutras obras que saiban expresar o mesmo que eu sinto. Aínda que comprendín que cadaquén sente dun xeito distinto. Observei con calma as diferentes manifestacións de amor de recoñecidos artistas: o xeito no que Gustav Klimt recrea un bico, o abrazo de Francisco de Goya ou os namorados de Pierre-Auguste Renoir.

O amor sempre será o camiño, a máis fermosa exposición de arte.

Lectura facilitada

Nestas semanas descubro unha emoción nova.

Quero formar parte do voso museo.

Quero estar preto doutras obras que expresen a mesma emoción que sinto.

Entendo unha idea importante.

Cada persoa sente dun xeito diferente.

Eu observo outras obras con calma.

Vexo distintas formas de amor.

  • O bico de Gustav Klimt.
  • O abrazo de Francisco de Goya.
  • Os namorados de Pierre-Auguste Renoir.

O amor é importante na arte.

O amor conecta as persoas.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns!

Despois de moito traballo, o grupo chegou ata o reto final. 

Foron días de traballo, de aprendizaxes e de momentos compartidos para mellorar a vosa capacidade de empatía e de diálogo. A satisfacción que queda tras un traballo ben feito no que todo o grupo está implicado, contribúe a desenvolver as competencias e ser capaces de resolver situacións similares. 

Reflexiona sobre o traballado e plásmao na fase 4 do teu diario de aprendizaxe.

Accede aquí ao teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Parabéns.

Despois de moito traballo chegaches ao final do reto. 

Foron días de aprendizaxes.

Foron días de traballo en grupo.

Tamén compartiches momentos con outras persoas.

Todo isto axudou a mellorar a empatía.

Todo isto axudou a mellorar o diálogo.

Un traballo ben feito produce satisfacción.

Cando todo o grupo participa, apréndese máis.

Isto axúdache a desenvolver as competencias.

Isto tamén che axuda a resolver situacións parecidas no futuro.

Agora reflexiona no teu diario de aprendizaxe.

Pensa no que traballaches.

Escribe as dúas ideas na fase correspondente do diario.

Accede ao diario de aprendizaxe no enlace indicado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)