Saltar navegación

3. Construíndo pensamentos

Coñécete mellor!

Nesta fase aprenderás todo o necesario para poder desenvolver o reto final.

Presta atención a cada un dos apartados nos que se divide.

Os tres primeiros están relacionados coa construción dun adecuado concepto de nós mesmos: identidade, diferenzas persoais e dignidade. 

O último apartado permitirache conseguir habilidades para resolver aquelas situacións nas que os teus valores entran en conflito.

Avancemos!

Lectura facilitada

Nesta fase aprendes todo o necesario para facer o reto final.

Presta atención a cada apartado.

Os 3 primeiros apartados falan de coñecerte mellor.

Estes apartados son: identidade, diferenzas persoais e dignidade. 

O último apartado axúdache a resolver situacións difíciles.

Os teus valores entran en conflito nesas situacións.

Avanza.

Descubre o cadro...

Autorretrato de Frida Kahlo. Pelo escuro recollido, cellas abundantes e longo pescozo, moi seria.

Esta pintura é un autorretrato da artista mexicana Frida Khalo.

Pintouse a si mesma xunto co seu mono araña, rodeada dunha paisaxe selvática. A súa mirada diríxese ao espectador, buscando a complicidade da obra.

O vínculo coa natureza e a conexión cos animais restauraban a profunda tristeza que a envolvía, por mor da súa enfermidade.

Os cadros esconden moito máis do que observamos. Ao longo desta fase, ti tamén realizarás un autorretrato, que servirá de eixe para comprender a túa identidade.

Preme na imaxe e descubre máis cousas sobre Frida!

Lectura facilitada

Autorretrato de Frida Kahlo. Pelo escuro recollido, cellas abundantes e longo pescozo, moi seria.

Esta pintura é un autorretrato.

A autora é Frida Kahlo.

Frida Kahlo é unha artista mexicana.

A artista represéntase a si mesma cun mono araña.

A escena mostra unha selva.

A artista mira cara a ti.

A mirada busca conexión.

A natureza e os animais teñen un papel importante.

A artista sente tristeza pola súa enfermidade.

Os cadros agochan máis información.

Non sempre vemos todo á primeira.

Nesta fase fas un autorretrato.

O autorretrato axúdache a coñecerte.

O autorretrato axúdache a entender quen es.

Agora preme na imaxe para descubrir máis información.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)