Saltar navegación

3.5. Diario de aprendizaxe

Lenzo en branco

Lenzo cunhas partes en cor azul e outras en verde. Con ollos, mans, pernas e pés

Sei que teño unhas características comúns a moitos outros cadros, pero tamén comprendo que a miña identidade me fai único. Esas características propias que me definen. Gústame o campo e o mar, a mestura desas cores bicando os fíos de liño. Mergullándose na tea e tinguíndoa de cor. Un anaquiño de ceo, o abrazo da herba. Deixo que ti me observes, que decidas de que estilo pictórico formo parte. Pero tamén quero que me coñezas, que descubras o que hai máis aló deste exterior. A miña liberdade de expresión nunca danará a túa.

Lectura facilitada

Teño características comúns a outros cadros.

Tamén teño unha identidade propia.

Esta identidade faime único.

Gústame o campo e o mar.

Uso cores do campo e do mar na tea de liño.

As cores danlle vida á tea.

Agora ti obsérvasme.

Quero que me coñezas mellor.

Quero que descubras o que son.

Expreso as miñas ideas con liberdade.

A miña liberdade respecta a túa liberdade.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Xa queda pouco para alcanzar o reto! Pero antes, acude ao teu diario de aprendizaxe para reflexionar sobre o que traballaches ata o momento. Recorda responder correctamente as preguntas tendo en conta o desenvolto nesta fase. É un momento persoal no que debes deixar plasmado o teu pensamento e opinión. 

Imos aló!

Accede aquí ao teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Xa queda pouco para chegar ao reto.

Agora vai ao teu diario de aprendizaxe.

Reflexiona sobre o que trabaches ata agora.

Responde as preguntas con atención.

Ten en conta todo o que aprendiches nesta fase.

Este é o un momento persoal.

Aquí expresas o teu pensamento e opinión. 

Imos comezar.

Accede ao teu diario no enlace indicado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)