Emociónate!
Agora xa sabedes cal é o voso reto, pero para chegar a el, tendes un longo camiño que percorrer. Animádesvos?
Comecemos por saber que emocións recoñeces e cales emerxen dentro de ti en determinadas situacións.
De seguro que nesta fase axudarás a Lenzo a expresar os seus sentimentos, emocións e tamén as súas opinións.
Lectura facilitada
Agora xa sabes cal é o reto.
Comezas o percorrido.
Pensa nas emocións que coñeces.
Pensa nas emocións que sentes en determinadas situacións.
Nesta fase axudarás a lenzo a expresar os seus sentimentos, emocións e opinións.
